Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuario do S. Pedro de Cadoalla, Becerreá (Lugo) (I)

martes, 18 de octubre de 2005
Santuario do S. Pedro de Cadoalla, Becerre (Lugo) (I) Santuario do S. Pedro de Cadoalla, Becerre (Lugo) (I) Breve Análise sobre o Santuario do S. Pedro de Cadoalla, Becerreá (Lugo)
O recinto sagrado de Cadoalla funciona como igrexa parroquial durante todo o ano para os lugares de Cadoalla, Carballín, Castelo, e Saá. Tamén funciona como santuario, os días catorce e quince de setembro, festividade do Eccehomo, aínda que calquera domingo do ano veñen devotos doutras comunidades a oír misa.
Neste segundo caso o santuario é un lugar de culto, simbolizado por unha igrexa parroquial -noutras ocasións pode ser unha ermida ou capela- á que acoden devotos pertencentes a distintas comunidades coa finalidade de pregar perante a imaxe sagrada a súa intercesión ante determinadas peticións ou levar a cabo unha serie de promesas á devandita imaxe logo de concederlles as peticións solicitadas. "El santuario tiene una dobre dimensión: la vivencia de su identidad y el sentido de apertura que le da la gran devoción de otros pueblos a la imagen" (1). "Los santuarios son estaciones transformadoras de energía; lugares precisos de transformación de la energía divina para utilización humana y de transformación de la energía humana para propósitos divinos" (2).

1.- A descripción artística do Santuario
O santuario -segundo Elías Valiña- es de amplias proporciones. Preside el frontis una robusta y esbelta torre, adosada a los muros de la nave, sobre cuatro pilares con arcos de medio punto que protegen el acceso al templo. Cuerpo superior, con cuatro vanos, coronado por una cúpula de piedra. Cubierta de pizarra, a dos aguas, más prolongada sobre el lateral sur, con el objeto de cubrir la nave lateral, que conserva vestigios de capiteles románicos. Capilla en el testero, con bóveda de cañón, como contrafuerte de la cúpula de la nave central.
La nave central, con dos accesos, bajo la torre, y otro en el lateral de ésta, con puerta adintelada, una hornacina, y ventanal rectangular. Tres fuertes pilares, con arcos de medio punto, separan esta nave de la lateral, sirviendo al mismo tiempo de apoyo de la techumbre. Cúpula sobre cuatro arcos y pechinas, octogonal, con linterna de ocho vanos.
Presbiterio con bóveda de cañón y fuerte cornisa corrida. Testero sin retablo, de piedra, con el Ecce-Homo, sobre una peana.
Retablos. Lateral izquierdo, bajo la cúpula, bárroco, sencillo. Imágenes: S.Roque, Sta. Apolonia, S.José.
Capilla nave lateral, altar de piedra, sin rebablo; sobre la mesa del altar, Virgen del Carmen; S.Juan; S.José; tallas del S.XVII" (3).

2.- Algúns feitos históricos sobre o Santuario nos séculos XVIII e XIX
D. Xosé Valcarcel Quiroga, párroco das fregresías de S.Xoán de Becerreá e S.Pedro de Cadoalla, fundou o santuario do Eccehomo no ano 1.727. Neste ano o devandito crego mercou a imaxe do santo, pagando a metade en misas e a outra metade en diñeiro. "Para que en lo sucesivo haiga noticia fundamental de la fundación del Santuario del divino Ecce-Homo de Cadoalla, debo decir que D.José Valcarce Quiroga cura párroco dela villa de S.Juan de Becerreá y S.Pedro de Cadoalla en el ano de mil setecientos veinte siete compro la imagen y la pago la mitad en Misas y la otra mitad en dinero fisico" (4).
No santuario celebrábanse no século XIX catro festividades: a de Sta.Apolonia, a do lúns de Pascoa de Resurrección, a do lúns de Pentecostés e a do Eccehomo que tiña lugar os días trece, catorce e quince de setembro. Nestas festividades os devotos traían unhas esmolas ó santuario, ben en especie- centeo ou trigo- que logo o administrador vendía, ou ben en diñeiro que os mesmos devotos depositaban nalgún dos petos existentes no lugar sagrado. O diñeiro recadado controlábao un maiordomo que tiña que dar conta dos gastos, que se levaban a cabo cada ano no santuario, ó crego encargado do mesmo. "Primeramente se hace cargo de doscientos ochenta rs. de catorce fanegas de de centeno. De noventa rs. de tres fanegas de trigo...De quinientos setenta y cinco rs. que salieron de limosna y se sacaron del Cepo y cajas de tres llaves...De ochocientos veinte siete rs. que de otra vez se hallaron en el referido cepo y cajas de tres llaves. De mil ciento y quarenta y un rs. que salieron de limosna en los días trece, catorce y quince de setiembre..." (5).

Entre os gastos máis correntes do santuario compre sinalar: os fogos, a iluminación, a queima da estatua e das rodas o día do Eccehomo, os músicos e sacerdotes que participaban nas distintas festividades do santuario, o consumo de aceite e cera durante todo o ano, unha paga ós soldados que viñan a evitar os disturbios na romaría do Eccehomo; finalmente o crego do santuario tiña dereito a percibir, segundo sentencia dada polo tribunal eclesiástico no ano 1.761, a quinta parte das esmolas que tivese o santuario cada ano.
"CARGOS--1827.
Quarenta rs. que se dieron a los soldados que venían pacificar la Romaría.
Doscientos sesenta rs. de Fuegos, iluminación, ruedas y Estatua que se ha quemado el dia de la fiesta principal del Santuario.
De setenta y quatro rs. de los gastos de la función el día de Sta.Polonia.
De sesenta y seis rs. de los gastos de Sacerdotes, y más asistentes en la función del Lunes de Pascua de Resurrección.
De ochenta y dos rs. de los gastos de cohetes, sacerdotes y músicos el dia de Lunes de Pentecostés.
De la quinta asignada a los Parrocos de D.Pedro de Cadoalla por la administración y cuidado del Santuario.
De setenta y cinco rs. de aceite para la lámpara del Santuario.
Doscientos setenta rs. de diez y ocho libras de cera menudas para alumbrar por año con alguna otra más que salió de limosna" (6).
Por outra parte no santuario os ingresos case sempre eran superiores ós gastos que acabamos de sinalar. Estes beneficios usounos o maiordomo para realizar algunhas reparacións que necesitou o santuario no transcurso dos anos.
Entre os anos mil setecentos noventa e nove e mil oitocentos once, o maiordomo mandou abrir un tragaluz ó altar da capela do Santuario, reformar as gradas, cambiar a reixa, facer o arco dela, poñer a lámpada e a súa roldana no estado no que se atopa, reformar e rozar a pico varios erros que se atopaban nos arcos e bóvedas de canón, dar cal a toda a capela, engadir o artesonado que faltaba enriba da tribuna, reformar a escaleira para dita tribuna, facer a súa varanda e porta e tamén a escaleira que sube ó corredor e torre das campás.
No ano mil oitocentos quince mercou un reloxo de sol por trescentos setenta reais que mandou poñer na torre do santuario.
No ano mil oitocentos dezaseis dispuxo facer o tellado da capela por cento vinte reais.
Entre os anos mil oitocentos dezanove e vintedous mandou realizar un novo camiño a igrexa polo que tivo que pagar sete mil seiscentos reais.
No ano mil oitocentos vintecinco ordenou construír o pedestal e o retábulo do camarín por setecentos nove reais. "De la construcción del Pedestal y Retablo del camarín setecientos y nueve rs” (7).
No ano mil oitocentos vintenove mandou poñer lousa á capela e ó camarín do santuario por noventa e seis reais. Entre os anos mil oitocentos trinta e trinta e dous o administrador gastou mil novecentos reais en crebar as penas diante e enriba do santuario para facer máis espacio, de tal xeito que os devotos puideran andar de xeonllos e cumprir as súas promesas.
No ano mil oitocentos trinta e catro dispuxo construír por sesenta reais os bastidores e cristais que pechan a imaxe do Eccehomo no camarín. No ano mil oitocentos trinta e seis mandou reparar o lousado da capela maior do santuario por vinte e catro reais, etc…

4.- Os accesos ó Santuario
O Santuario accédese desde Lugo pola estrada nacional VI -Madrid a Coruña-, que nos leva á vila de Becerreá, onde hai que coller unha estrada local que comunica esta poboación co santuario, distante uns dous Km.

5.- A procedencia xeográfica dos devotos
Os días 14 e 15 de setembro, datas da festividade do Eccehomo, veñen devotos non só do municipio de Becerreá senón tamén doutros municipios da provincia de Lugo, como Baleira, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Triacastela, Neira de Xusá, Pedrafita etc. "Ven xente ofrecida das Nogais, Pedrafita, Baralla, Cervantes, Lugo, e outras zonas próximas ó santuario" (8).
Por tanto este santuario a nivel de influencia traspasa os límites parroquiais, municipais e comarcais.

6.- As peticións por parte dos devotos
Os devotos en xeral ofrécense por si mesmos, ou para acadar algunha intercesión para outras persoas que non poden vir ó santuario normalmente por algunha doenza.
Entre as peticións máis importantes que se levan a cabo neste santuario distingo as seguintes: doenzas humanas; doenzas de animais, preferentemente gando vacún e porcino.
"La mayoría por lo que les oigo y todo esto es porque tienen a gente enferma o animales incluso, pero más que nada gente enferma" (9). "A xente ven ofrecida por enfermedades humanas e por enfermedades do gando” (10).

7.- As promesas adicadas ó Eccehomo
A unidade básica de relación entre a persoa e a imaxe sagrada para resolver unha serie de problemas é a promesa. Esta consiste nun contacto directo e sagrado, de forza moral, entre a persoa e Deus usando como mediador ó Eccehomo.
"A promesa ven sendo como un contrato, de forza moral, entre a persoa e o santo, ou Deus a través do santo" (11).
A promesa á divindade reproduce claramente o sistema social vixente, no que polo xeral alguén fai algo a cambio dunha posterior prestación cando chegue o momento oportuno.
"El intercambio de dones entre una persona y un ser sagrado es -segun Mariño Ferro- algo universal y fuertemente vinculante" (12). Deste xeito as persoas aceptan a axuda divina a cambio dunha proba de agradecemento.
A promesa xeralmente é condicional, e dicir primeiramente o santo concede as peticións dos devotos e logo estes levan a cabo a promesa; trátase dun cumprimento "a posteriori". Este tipo de promesa recibe tamén os nomes de "Ofrenda Condicionada" (13) e de "Petición Condicional” (14). Algúns devotos veñen pregar a intercesión do santo ante un problema determinado. Neste caso os distintos rituais e ofrendas que cumpren os devotos levanse a cabo antes da concesión da petición. Este tipo de promesa recibe tamén os nomes de "Ofrenda Propiciatoria” (15) e "Devoción Peticionaria" (16).
Finalmente hai devotos que veñen tódolos anos por algunha petición concedida polo santo noutrora. A este tipo de promesa dáselle tamén o nome de "Ofrenda de Acción de Gracias" (17).

Notas
1. Fernández Ortega, Pedro María, y Fernández Ortega, Antonio.: "El Santuario del Saliente o la identidad de un Pueblo", La Religiosidad Popular.III. Hermandades, Romerías y Santuarios, Anthropos, 1989, Barcelona, p. 326.
2. William Cristhian, A.Jr.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español, Madrid, Tecnos, 1978, p. 126.
3. Valiña Sampedro, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su Provincia. Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Madrid, 1975, pp. 323-324.
4. Arciprestazgo de Ferreiras de Balboa, Cadoalla, Parroquia de Becerreá. Libro de Fábrica, nº III-1801-1851, p.1.
5. Ibidem, p. 25.
6. Ibidem, p. 26.
7. Ibidem, p. 21.
8. Informante de Cadoalla.
9. Informante de Cadoalla.
10. Informante de Becerreá.
11. Miguélez Díaz, Xosé Antón.: "Relixiosidade popular galega. Aproximación e chamadas". Estudios Mindonienses, Anuario de Estudios Histórico-Teológicos de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol, Centro de Estudios de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol y Publicaciones de Caixa Galicia, T.2, p. 247.
12. Mariño Ferro, Xosé Ramón.: Las Romerías/Peregrinaciones y sus símbolos, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 1.987, p. 272.
13. Gondar Portasany, Marcial y S.Martín, Javier.: "Racionalidad campesina y Relativismo cultural", Antropología y Racionalidad, Sálvora, Santiago, 1.980, p. 60.
Gondar Portasany, Marcial.: Crítica da Razón Galega, Entre o nós-mesmos e nós-outros, NOS OS GALEGOS, Vigo, 1993, p. 154.
14. William Cristhian, A.Jr.: Ob. cit., p. 134.
15. Gondar, Marcial y S.MARTÍN, Javier.: Ob. cit., p. 60.
Gondar, Marcial.: Ob. cit., p. 154.
16. William Cristhian, A.Jr.: Ob. cit., p. 134.
17. Gondar, Marcial y S. MARTÍN, Javier.: Ob. cit., p. 60.
Gondar, Marcial.: Ob. cit., p. 155.

NOTA: O mapa foi feito polo delineante José Cancio Fernández
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES