Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cada maio ten a súa flor

jueves, 12 de diciembre de 2013
Cada maio ten a súa flor; si señor.

A moitas persoas tal día como hoxe, tócalles cumprir 65 anos.

¡Parabéns, para todas elas!

¡Felicítense por chegar ó día de hoxe!

¡Mostren satisfacción pola traxectoria vital de cada quen!

¿Que máis se pode pedir?

Si señor; é unha data que cada persoa espera por unhas razóns determinadas.

-Unhas porque levan cotizados moitos anos á Seguridade Social e –ademais de cobrar- xa deixan de cotizar.

-Outras persoas, están cansas de traballar e pensarn que merecen un respiro. E seguramente o teñen ben merecido.

-Outras desexan este momento porque teñen deberes familiares.

-Outras, afúndese cando lles chega esta hora porque pensan que xa non saben que facer co seu tempo e coa súa vida.
(Esto é o peor que pode pasar)
Sei que vostede -se está ou cando estea xubilado/a- non pertence nin pertencerá a este grupo.

Vostede ten moitas ganas de disfrutar a tope da súa vida actual tanto se disfruta da súa xubilación co mo se non.

¿A que si?

¡E por moitos anos!
¡Só faltaria..!


-Cadaquén ten as súas razóns.

Eu vou a intentar expoñe-las miñas:

Tiven a sorte de poder acollerme á xubilación anticipada e aproveiteina; aínda que para min deixar unha profesión que tanto amei –e sigo amando- foi moi doloroso.
Pero teño que agradecer que xa levo cinco anos de xubilación disfrutada con moito xúbilo.

Estou feliz.

¿Por que?

Porque a Providencia encargouse de que cando chegou esa hora eu xa tiviera a miña vida encarrilada con outro tipo de actividades.
Estaba metida de cheo noutro progama de vida ben diferente ó anterior, pero non por eso menos enriquecedor.
E despois foi aparecendo un novo programa e outro... e ¡os que veñan!
A vida segue e mentres duren as forzas, non hai problema.

Cando falo de enriquecemento, refírome ó enriquecemento intelectual e espiritual interno, porque do económico xa dicía miña nai:
“¡Pobre do pobre, aínda que venda canto ten, nunca rico morre!”
Neste sentido eu penso que con te-lo pan de cada día hai suficiente.
¿Para que queremos máis?
¡Oxalá que todos tiveran o pan de cada día!

¿Non lle parece?

O que pasa é que mundo está tan mal repartido…

Así que –como sabía que aínda que traballara toda a vida non chegaría a rica- dei por cumprida unha misión e pasei a traballar na seguinte co mesmo entusiasmo.

Agora non teño que madrugar cada día pensando en ir a traballar e podo dedica-lo tempo a outro tipo de actividades non remuneradas; pero igualmente productivas, enriquecededoras e satisfactorias.

Teño que confesar que se ben é certo me dan moito que facer; non é menos certo que me dan moitísimas satisfaccións:

-Axudar ás persoas a ter mellor calidade de vida signfica moito para min.

-Velas disfrutar cando estamos todos xuntos, é unha gozada.

-Aprender no libro da vida resúltame moi proveitoso.

-Levar unha vida activa é o que recomedan os médicos.

-Relacionarme con outras persoas é para min unha necesidade.

-Crear amistades é sumamente enriquecedor.

-Aprender cousas novas asistindo a clases... ¡Canta falta me fai!

-Ter forzas e capacidade para poder facelo é a unha gran riqueza.

-Etc, etc.

Son moitas as ventaxas.

(Se vostede está xubilado/a, vaia engadindo ventaxas de disfrutar dunha xubilación ben aproveitada á súa maneira; e se non, pode ir facendo plans para cando chegue o día)

Para recibir non existe –ou eu non a coñezo- outra forma máis que dar.
Dar gratuitamente a tope sen esperar nada a cambio

A fin de contas...

¿Non se nos regalou gratuitamente a vida?

¿Existe algunha maneira mellor de gastala que dando e recibindo, é dicir: compartindo?

¿Existe algo que poida facer máis productiva a vida dunha persoa?

¿Que é a vida máis que unha sucesión de etapas nas que cada unha ten o seu encanto?

Acaba de pasar a infancia e xa chega a puberdade; acaba esta e xa entras na xuventude...
E se quere vivir feliz, debe conserva-la xuventude ata que máis non poida, independentemente dos anos que cumpra.

Vostede preguntarse:

¿Como pode conserva-la xuventude unha persoa maior?

Voulle contestar con outra pregunta:

¿Quen pode privarlle a vostede de ter un espírito xove?

Ninguén.

¿Certo?

Claro que si.

E moito me temo que vostede vai intentar por tódolos medios manterse xove e xovial toda a vida, porque xa din alí:
“Xenio e figura ata a sepultura!.

¿A que lle chamo eu ter un espírito xove?

¿A bailar e brincar como unha persoa de quince?

Non, non. Na maioria dos casos, non: aínda que hai excepcións.
A uns máis e a outros menos, pero a vida pasa factura.

As forzas físicas van indo a menos...ou eso penso eu.
Se vostede as conserva, mellor que mellor.

Pero o espírito non necesariamente ten por que envellentar ,sempre que se conserve a lucidez mental.

No seu caso e máis no meu, de momento témola, afortunadamente. Por eso podemos plantexarnos ter un espírito xove.

Desde o meu punto de vista, TER UN ESPÍRITO XOVE SIGNIFICA:

-Ter unha actitude positiva ante a vida, que nace do ser interno de cada un.

-Mostrar agradecemento por tantísimas cousas boas que nos dá a vida.

-Gozar do xeito de ve-la vida con optimismo.

-Disfrutar vendo o lado positivo da mesma.

Estará vostede de acordo comigo en recoñecer que a vida ten dúas caras como se dunha moeda se tratara:

-A CARA que é a que representa o LADO POSITIVO.

-E a CRUZ é a que representa todo o resto.

Tamén estará vostede pensando que a vida ten moitas cruces.
Xa din alí:
“O que non ten cruz, ten crucero”
Ou: “En tódalas familias se cocen fabas e onde non a caldeiradas”

Claro que si, pero deixemos de lado o negativo.

Conservemos a esperanza e loitemos con tódalas nosas forzas por ir superando obstáculos para construir un mundo máis feliz cada día.

Nos primeiros sesenta e cinco anos de vida dunha persoa, xa leva superadas moitas probas e a veces moi difíciles.

Din que as probas fan forte a quen as supera.
Pois deso se trata.

Todos sabemos a vida que levamos vivido; pero...

¿Quen sabe a que nos queda por vivir?

¿Quen sabe as sorpresas que pode depararnos o futuro?

-A min persoalmente, a estas alturas, deume a posibilidade de conectar con vostede –a quen nin siquiera coñezo- a través destes artigos que me publica Galicia Dixital tódolos xoves.

¿Quen me diría a min …?

¿Non foi esta, UNHA DE TANTAS SORPRESAS que me depara a vida na miña etapa de xubilada?

-A vostede deulle unha morea de oportunidades das que estou segura que lle producen moito benestar.

¡Disfrúteas, por favor!
Reciba os meus parabéns.

¿Por qué non pensamos máis en disfrutar dos gozos que van aparecen do na nosa vida?

Non sei a súa idade; pero sei que é vostede unha persoa con ganas de aprender e con moitas ganas de vivir unha vida plena. Se non fora así, non lería estas historias miñas.

Nunha palabra:

É VOSTEDE UNHA PERSOA CON ESPÍRITO XOVE.

Por eso quero enviarlle a miña sincera felicitación e dicirlle:

“PERSOAS COMO VOSTEDE SON AS QUE NECESITA O MUNDO”

E tamén quero dicirlle que no mundo hai moitas persoas activas e valentes como vostede.
PERSOAS QUE LOITAN CONTRA VENTO E MAREA PORQUE CONSERVAN UN ESPÍRITO XOVE INDEPENDENTEMENTE DA IDADE CRONOLÓXICA QUE TEÑAN.
Eu coñezo moitas e vostede seguro que tamén.

E agora –co seu permiso- voulle dar unha sorpresa:

“Grazas a persoas como vostede, eu puiden compartir a alegría de celebrar o meu 65 cumpreanos con moita felicidade.”

¡Quen llo dirÍa..!

¿A que non o imaxinaba?

Pois xa ve, donde, menos se pensa, salta a lebre.
A vida está chea de sorpresas.

¡Graciñas!
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Aburiño.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES