Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Partido Popular de Galicia

jueves, 13 de octubre de 2005
O Partido Popular en Galicia vive momentos importantes de cara ó futuro, porque terá que definirse moi claramente en canto á súa capacidade de manobra sen depender directamente de Génova, sede central do partido a escala nacional.

O Partido Popular non só ten que decidir -que xa sería decisivo- quen vai ser o sucesor do lider natural das dúas últimas décadas, Manuel Fraga, entre os catro candidatos que se postulan ou se intúen, ben diferentes en talante, traxectoria e procedencias: López Veiga, Cuíña, Núñez Feijoó, e Barreiro.

Eso, a escala interna, é vital. Pero de cara ó exterior é menos importante, aínda que a cabeza do cartel electoral, ó ser o motor que tira de toda a maquinaria, é o maior referente do Partido en Galicia.

Pero antes de que os afiliados se pronuncien por quen vai ser a súa cabeza visible os próximos anos, o Partido vai ter que pronunciarse sobre o próximo Estatuto, renovación do vixente no último cuarto de século, no que haberá que poñerse de acordo na mesma denominación que vai corresponder a Galicia.

Se Zapatero ten -ó parecer- ata oito solucións diferentes como alternativas ó termo "nación" que Catalunya pretende acuñar, vaian tomando nota os redactores do próximo Estatuto Galego, que cabe supor terá por base o actualmente vixente, para ir sobre seguro no seu plantexamento.

E nese cadro de redacción, e polo tanto de apoios ó texto do novo Estatuto, ten necesariamente que estar presente a pluma que represente ó Partido Popular, con interese e vontade, de xeito que o texto que saia sexa consensuado por todos, e polo tanto aceptado e apoiado por todos cando chegue o momento.

Que pode ter razón Rajoy cando di que ós galegos non nos quita o soño a reforma do Estatuto, pero cando o resto das "rexións e nacionalidades" se move nesa dirección, algo quere dicir, e non podemos quedar alleos á marea que se forme para situarse no novo tempo político para o estado español.

Ahí é donde o Partido Popular se vai xogar o futuro: en que saiba manobrar -facer política- en Galicia, para os galegos, sen que se vexa demasiado a man de Génova, demostrando que é posible un Partido Popular de Galicia. Porque, se aínda alguén non se enterou, o Partido Popular en Galicia ten razón de ser se Galicia entende que ten vida propia, sen ter que mirar hacia Madrid cada vez que haxa que decidir algo importante.

Nin Génova ten que intervir en favor de ningún candidato, nin debe verse a súa man no manexo do tema estatutario. Os galegos temos que comprobar que, efectivamente, a forza política merece chamarse "Partido Popular de Galicia".
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES