Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A importancia do saber

jueves, 28 de noviembre de 2013
Cando eu era nena, teño oído moitas veces: “O SABER NON OCUPA LUGAR”.

Dicíanche eso para que te esforzaras en aprender canto máis mellor e para que aprenderas a apreciar o saber e seguiras os pasos das persoas sabias.
Era unha maneira de dicirche que dalgún xeito había que escorrenta-la ignorancia.

Os estudiosos do cerebro humano saben molito máis ca min.
Eu son unha muller moi ignorante.
Eu tan só teño noticia de que a maioría do cerebro humano está sen usar. Incluso os científicos máis científicos, usan unha pequena porción do mesmo.
Eso foi o que me dixo nunha ocasión un profesor de psicoloxía. Era un home moi docto. Supoño que tería razón.

Do que non teño ningunha dúbida é que o saber é moi importante, sumamente importante.

Son unha gran admiradora das persoas que saben moito, das que teñen moitos coñecementos; PERO SOBRE TODO DAS QUE TEÑEN MOITOS COÑECEMENTOS E SABEN ESTAR.

Saber estar xa son palabras maiores.

Para min é aínda máis importante saber estar que ter moitos coñecementos.

Hai persoas con pouca instrucción que saben estar perfectamente. Outras moi instruídas que tamén saben estar perfectamente. Unha cousa non quita a outra.

Para poder opinar, cómpre saber.
Na miña vida profesional, para animar ó alumnado a aplicarse dicíalle:

“O QUE CARECE DE INFORMACIÓN, CARECE DE OPINIÓN”

Outra cousa ben diferente é que opinemos sen saber o que dicimos, porque esquecemos que a prudencia é a nai da ciencia.
Por eso se di que a ignorancia é moi atrevida.

¡CANTAS VECES ESTABAMOS MELLOR CALADOS!

Miña nai dicía que a mellor palabra era a que quedaba sen decir; sobre todo en momentos subidos de tono.

Pero como a lingua non ten cancelas….Así nos vai.

Con todo, o que me inspirou para poñerme a escribir sobre “A IMPORTANCIA DO SABER” é comprobar canto saben moitas persoas.
Persoas maiores e tamén persoas xoves. Incluso hai nenos moi sabios.

Existen persoas maiores que son un manancial de sabedoría e tamén de coñecementos; pero hai xoves que non se quedan atrás.

Nunha ocasión tiven a oportunidade de pasarme tres días seguidos na compañía dunha desas persoas “MANANCIAL DE SABEDORÍA” nun convento de clausura.
Foi unha profesora que impactou de tal forma na miña vida que a fun a visitar na súa lonxeva ancianidade, cando ela tiña 89 anos.
Teño que confesar que foi a experiencia máis enriquecedora da miña vida.
Aínda máis, teño que dicir que non me cansou. Todo o contrario, foi un descanso total e profundo para a miña alma e para a miña mente.

Por eso estou en disposición de dicir que admiro profundamente a todas aquelas persoas que aproveitan ó máximo as súas oportunidades para adquirir coñecementos, non só nos libros; senón tamén e –sobre todo- na escola da vida. Saben moitísimo. Saben do que falan. Dá gusto escoitalas.

Escoitar unha persoa maior como diserta sobre diferentes temas, é todo un luxo, un auténtico pracer. Teñen moito mérito porque se ve que dedicaron boa parte da súa vida a adquirir coñecementos non só para eles mesmos, senón para transmitilos.

Do mesmo xeito, escoitar á xuventude culta e instruída, causa unha admiración moi grande.
Mentes xoves, preparadísimas, que saben o que din, saben o que fan e saben por onde teñen que ir. Esa é unha riqueza enorme para un país, para as súas familias e para elas mesmas. Un gran motivo de felicidade para todos.

E cando ves que unha persoa na etapa da adolescencia xa apunta cara arriba porque está disposta a sacrificarse para consegui-los seus soños, coste o que coste...

ESO CHÁMASE FUTURO PROMETEDOR.

Coñezo moitas persoas destas características. Afortunadamente, cada día imos mellorando neste sentido.
Hoxe en día a xuventude leva moito adianto con relación á xeración anterior no tocante a coñecementos.
Certo que teñen máis medios que a xeración anterior, pero tamén é certo que os que saben discriminar positivamente nun mundo que ofrece tanto de todo.
Eso tamén é un gran mérito pola súa parte.

Cando miras algún progama na televisión relativo ó mundo do saber; comprobas que hai persoas moi pero que moi preparadas.

Persoas de diferentes profesións que ademais de saber moito da súa especialidade, teñen un coñecemento xeral moi elevado.

Son persoas exempares ás que eu admiro moito.
Enriquécenme por dentro. Gozo cando as escoito.

Esas persoas son as que deixan moi alto o nivel do país ó que pertencen e tamén a elas mesmas.

España ten moitas persoas desta talla. Moitos cerebros que poden desenvolver a súa profesión no país que os viu nacer, que lles deu alimento para o seu corpo e para a súa mente; que ademais lles deu afecto e tódolos ingredientes necesarios para formarse e para realizarse.

Estas persoas pertencen ó grupo de persoas afortunadas. Tocoulles a mellor das loterías.

Quero lembrar tamén a outras moitas persoas moi preparadas e moi sabias que se ven na obriga de coller a maleta e buscarse a vida noutro país que ata o momento no fixo nada por elas.

Persoas á que lles sangra a alma cando se teñen que marchar na procura do sustento:

-Porque teñen que alonxarse do seu país: da súa cultura, da súa língua, da súa idiosincrasia. Certo que os levan no seu corazonciño, pero ... non é o mesmo.

-Porque teñen que separarse das persoas que máis queren: familia, amigos, noivos, noivas, fillos, fillas, pais, nais...
Algo así como se lles quitaran un bocado do seu ser máis interno.

-Porque deixan a casa, os mobles, as cousas que os viron medrar e que as consideran como algo que forma parte da súa propia persoa.

-Porque se ven obrigadas a instalarse nun mundo que non é o seu; debendo acomodarse a novos costumes, nova cultura, nova lingua...

-Porque senten morriña e non poden facer nada... Séntense impotentes...

¡QUE MAL CAE SENTIRSE IMPOTENTE!

Son probas duras que lles pon a vida, pero destes momentos duros tamén deben ve-lo lado positivo:

-Recoñecer que era a mellor das opcións que se ofrecían naquel momenmto e naquela circunstancia das súas vidas.

-Saber que nada nin ninguén pode arrincarlles a forza interior para realizárense como persoas dondequiera que se encontren.

-Comprobar que nas probas teñen unha ocasión magnífica para demostra-la súa valía e a súa velentía.

-Confiar que non hai ben que por mal non veña.

-Valora-la súa autonomía para saberen defenderse polo mundo adiante.

-Levar a terra, a xente, a fala e a cultrura con elas por onde queira que vaian.

-Que saiban que antes que eles xa se viron nesas ciscunstancias moitas outras persoas e tamén souberon abrirse camiño.

-Que canto antes se lembren de retornar á terra-nai coa maleta chea de experiencias enriquecedoras.

-Que celebraremos a súa volta cunha alegría nunca vista porque recuperamos aqueles paisanos e paisanas que tanto queremos.

Sexa como sexa a traxectoria que teña que coller cada persoa xove en idade de abrirse camiño na vida laboral, o certo é que O QUE SABE, SABE e O QUE VALE, VALE.

Por eso estas persoas son dignas de admiración, porque saben e porque valen.
Levan o seu saber con eles e nin o máis astuto dos delincuentes pode arrebatárllelo.
Esas persoas teñen moi claro que o máis importante despois do SER é o SABER.

Podemos resumilo nunha sencilla fórmula matemática:

SER+SABER=PODER

Aí radica a importancia do saber.

QUERO FELICITAR E FELICITO A TÓDALAS PERSOAS QUE CO SEU SABER ILUMINAN A SENDA POLA QUE OUTROS DEBEMOS IR.

Moitas grazas a vostede polo seu saber e tamén por ler estas reflexións ás que seguramemte vostede lles dará mil voltas e das que sacará moito proveito que pode compartir coas persoas máis achegadas.

De tal xeito que:

“CO SEU SABER, A MOITAS PERSOAS FARÁ ENTENDER,
CAL É O CAMIÑO QUE DEBEMOS COLLER”.

Grazas por estar aí.
Saudiños.

Grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Se o considera oportuno, pode encontrar algo diferente da miña colección, o vindeiro xoves nesta sección de Galicia Dixital.
Titúlase: “CARICIAS PARA A ALMA”
Saudiños
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES