Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miro Casabella

viernes, 22 de noviembre de 2013
Xan Fraga conta nun libro titulado “MIRO CASABELLA e a nova canción galega”, unha historia que coincide perfectamente coa historia de Galicia do último medio século, e especialmente coa historia da música deste país, sempre tan musical, vencellado ao mundo da canción.

Miro Casabella desde o final dos anos sesenta musicou e cantou letras dos trovadores medievais, de Airas Nunes a Alfonso X, de Don Dinís a Martín Codax, os romances tradicionais de autor anónimo, e divulgou poemas de Rosalía, Celso Emilio, Cabanillas, Pimentel, Manuel María, Novoneira, García Bodaño, Bernardino Graña ou Marica Campo... e aportou poemas senlleiros á historia da nosa canción da que foi un dos principais protagonistas.

Aínda agora, case medio século despois dos primeiros recitais, actúa en concertos ou encontros culturais, como os de Xermolos e a Irmandade Manuel María, mantendo vivo o espíritu das súas cancións e unha traxectoria firme e decidida, sendo xa historia viva da música e dun tempo de Galicia.

Miro Casabella naceu no Valadouro lucense o ano 1946, e o equipo de goberno daquel concello pretendeu nomealo Fillo Predilecto como homenaxe á súa figura, á súa traxectoria e ao seu vencello coa súa terra natal. E non foi posible porque a política de partido manda máis que os intereses dun concello que ten o dereito e o deber de honrar a un dos seus fillos máis sobranceiros.

Os tres votos do PSOE, máis os dous de Udival – forza que promovía a homenaxe- e un do Bng non foron abondo porque os cinco edís do PP se abstiveron, co que non se consiguen os votos das tres cuartas partes que esixe a normativa municipal.

Agora, uns por outros a casa sen amañar... Uns, que non consensuaron a decisión, outros que non son conscientes do papel de Miro na vida do Concello... E Miro quédase sen o seu merecido nomeamento, pero – o que é peor- O Valadouro quédase sen un fillo predilecto nun vergoñento pleno que desacredita ao seu concello natal. Hai que sentilo polo Valadouro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES