Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Santa Cilla en Foz

viernes, 22 de noviembre de 2013
Foi o 24 de novembro de 1996 a primeira vez que na vila celebrouse a festividade de Santa Cilla, patroa dos músicos.

A Banda, creada por Arcadio Mon tres anos antes, no seo da Escola de Música, promotora da efeméride e, bisoña oomo era, acaso a mais da comarca, quixo, ó incorporarse á vida dos colectivos veciños, render homenaxe ós vellos músicos que, dende moitos anos antes, foran os artífices da actividade musical na bisbarra. Músicos de Mondoñedo, Valadouro-Alfoz. Ribadeo, Lourenzá , Viveiro e Trabada. A eles que, dende as carencias de todo tipo, foron exemplo de entrega e de amor á arte musical; porque as bandas populares foron, ó longo das sucesivas xeracións, as depositarias e tamén divulgadoras do noso acervo musical, levando ás xentes o coñecemento e disfrute deste eido da cultura, e asemade canteira das que se nutriron boa parte das orquestras que aledaron tantas horas da mocidade de xeracións pasadas.

As homenaxes prolongáronse perante seis anos sucesivos, tantos como localidades protagonizaron a historia que se lembraba.

Pobo a pobo, amenizando as festas; nos actos litúrxicos ou cos concertos, a banda foi, no decorrer dos tempos, o único xeito de acceder ás obras clásicas ou tradicionais ou ás novas composicións. Por iso eran merecentes do distingo. Foz tivera, entre finais e principios dos s. XIX e XX, unha banda: a de Martiz, de Vilaronte, e don Paco del Riego, insigne intelectual galeguista, Fillo Predilecto de Lourenzá, finado hai arredor dun ano, con preto de cen de idade, que pasara os doce primeiros agostos en Foz, contaba cómo os domingos, antes de xantar, o grupo daba un concerto no peirao...

O día 23 de novembro, sábado,a Banda, coa Coral Polifónica de Foz (que recentemente acadou un novo e soado éxito en concerto na cidade de Xixón), van celebrar a patroa con unha misa que cantará a Coral e seguidamente ambos colectivos ofrecerán unha actuación en dúas partes: a primeira a Banda e a segunda as dúas agrupacións que incluirán no programa algúns pasaxes de históricas zarzuelas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES