Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Uned Senior na Fundación María José Jove

viernes, 22 de noviembre de 2013
A Uned Senior na Fundacin Mara Jos Jove OS ALUMNOS DA UNED-SENIOR VISITAN A FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
Acompañados do noso profesor, Felipe Senén, un grupo de alumnos da clase de Historia de Galicia achegámonos ó Polígono de A Grela para poder visitar, por primeira vez, esta Fundación.

Recibiunos unha amable guía que nos deu unha explicación sobre as orixes da Fundación, dos seus creadores, etc. e, dese modo, enterámonos que no ano 2002, morre una das fillas do señor Jove, Mª José,e por iso a Fundación leva o seu nome;que está dirixida pola outra filla,Felipa Jove; que foi inagurada no ano 2003 por Manuel Fraga Iribarne, sendo alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez.

Chamounos a atención na entrada do edificio una sólida escultura ,tallada en madeira que foi realizada polo escultor PACO LEIRO.A obra representa a un voluntario dunha cuadrilla contra incendios, cuberto con roupa especial, casco, mascarilla e botas; sorprendeunos moito a forma tosca de estar tallada a madeira.

Explicáronos para qué foi creado este centro:axudar a artistas,mercar obras de arte ,acercar a arte á sociedade,pero sobre todo a labor mais importante que é a axuda a persoas discapacitadas,a investigación de enfermedades na infancia,e moitos outros proxectos.

O profesor Senén acompañounos por todas as salas do museo e deunos interesantes explicacións a cerca dos pintores e das técnicas por eles empleadas. Así puidemos saber que aquí expóñense cadros dos séculos xix,xx e modernos;obras clásicas nas que predomina a armonía e obras desconcertantes dos autores modernos, amigos de romper moldes,obras experimentais,obras nas que domina a teatralidade a preformance,onde os espectadores deixan de ser suxeitos pasivos,pois a obra provoca, asombra, oautor improvisa…

A Uned Senior na Fundación María José JoveEnterámonos de que moitas destas obras foron mercadas en anticuarios pola Fundación e a razón é porque as familias dos artistas ou os herdeiros acabaron vendéndoas; así pasou coa pintora MERCEDES RUIBAL quen se quedaba con todas as obras dela e do seu esposo, tamén pintor, pero os sobriños desfixéronse delas. Soupemos que foi discípula do pintor LAXEIRO.

Outro caso foi o de de ARTURO SOUTO, republicano, que tivo que marchar a México e cuxas obras foron vendidas polos seus herdeiros.

Está representado tamén o pintor ISAAC DÍAZ PARDO, creador das empresas de Sargadelos e O Castro coa fermosa idea de “dignificar Galicia”.

Obras de Quesada, amigo de pintar sobre a guerra do Vietnam, que, por certo, eran as que menos lle compraban.

Vimos obras de pintores do romanticismo como VILLAAMIL; obras clasicistas de FORTUNY; paisajes realistas de AVENDAÑO; DARÍO REGOYOS, coas súas pinturas sobre a España Negra; Pintura Galega dende os anos 20 ata os 60: CASTELAO, COLMEIRO, SEOANE, LAXEIRO, etc.

Tamén representantes da escola catalana como CASAS, NONELL, RUSIÑOL, etc.

Pintores da Escola de París á que pertencen PICASSO, DALÍ, MARUJA MALLO, GRANELL e outros como GRANDÍO, LUGRÍS FREIRE ou T’IM BEHRENS famoso polo seu aspecto chamativo (pelirroxo, cun parche nun ollo…), nacido en Londres pero vive hoxe na Coruña; é pintor e poeta e foi colega de BACON e LUCIÉN FREUD.

Obras do EQUIPO CRÓNICA, pintores que desmitifican a arte, como por exemplo os que pintan hoxe Meninas, que, na man, en lugar dun pano levan unha bandeira de EE UU ridiculizando á sociedade burguesa.

Disfrutamos moito vendo algunha obra do chamado “o pintor da raza”, FERNANDO ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR, pintor ferrolano que por traballar baixo o franquismo non foi moi ben mirado….
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES