Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pechan televisións

martes, 19 de noviembre de 2013
En tempos de prehistoria informativa, unha sóa canle televisiva formaba, informaba e entretiña aos españois. Logo veu unha segunda, os centros rexionais, as privadas, as autonómicas, as locais...de xeito que na actualidade o dial ofrece ducias de canais aínda que sexa dubidoso que a oferta, cualitativamente falando, iguale ao aspecto cuantitativo.

En tempos de restriccións, pechan televisións locais e algunha autonómica, por non poder financiarse unhas, por temas político-económicos esta última. A televisión pública da autonomía valenciana pecha inmeiatamente despois de que a autoridade xudicial declarase nulo un Ere para mil dos seus 1.700 traballadores.

Á vez sábese que Televigo, televisión local con dezanove anos de existencia, pecha porque non conseguíu licencia para poder funcionar, en tanto que outras canles funcionan con licencia pero non parecen saber que facer coa súa existencia.

O presidente Feijóo acredita que a Televisión de Galicia non ten problema para manterse viva porque está saneada económicamente e goza dos favores da audiencia.

Esa é a esixencia que hai que buscar nos medios informativos, nos públicos que nos privados xa se encarga a súa propia dinámica. Os medios deben autofinanciarse, e conseguir audiencia. Dese xeito, teñen garantida a súa continuidade. Polo que aos privados se refire, a consecución de audiencia é vital, e daí derivará precisamente a súa posibilidade de financiación.

Logo, o mercado nuns casos, a política noutros, tomarán as correspondentes decisións. O da existencia dunha licencia xa é outra cousa, que houbo un tempo no que as locais eran alegais, pero desde que hai Lei e concesión de licencias, o panorama cambiou totalmente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES