Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facenda ten que cobrar

jueves, 14 de noviembre de 2013
Facenda, ministerio ou o conxunto administrativo e político que se coñece como “Facenda pública” ten que financiarse axeitadamente para poder soster todo o entramado da actividade pública, todas as funcións e persoal que componen o conxunto da administración do Estado.

Se, como pasou estes anos, a recaudación baixa porque a actividade dos administrados se reduce, a primeira tentación dos responsables da Facenda é subir impostos, coidando que desa maneira, automáticamente, se aumenta tamén a recaudación. Pero o sistema non funciona así, senón que ese aumento – especialmente en impostos como o Ive- aumenta a defraudación e contribúe a minorar a actividade pola maior repercusión na actividade económica.

O Goberno anda agora traballando noutros vieiros da financiación, vendo que o puro aumento dos impostos non vale para aumentar a recaudación senón todo o contrario, e estudia a rebaixa dalgúns grandes tributos como o Irpf, que grava as prestacións persoais e o imposto de sociedades que o fai sobre os rendementos das empresas, pero non parece disposto a modificar o oneroso Ive, que estamos a pagar ao nivel do 21% no réxime xeral, con duros resultados para a economía española por moito que en outros países de Europa o leven sen maiores dificultades pero aló cada quen coa súa realidade.

A reforma – que a fían para largo- vai ser no 2015, polo que aínda queda moito camiño que andar, moito que falar e abondo para experimentar, pero algo teremos avanzado se o Goberno – Facenda, ao fin- se ten convencido de que o aumento dos impostos porque si non aumenta a recaudación, senón que esta aumenta fomentando a actividade e a riqueza de todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES