Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frustración e desespero

miércoles, 13 de noviembre de 2013
Nas anteriores crises, a superación veu dada polo esforzo das nosas xentes que tiraron para adiante, traballaron máis, buscaron oportunidades, saíron fóra ou inventaron dentro, e saiuse de xeito airoso dunha problemática xeral sempre dura para os traballadores.

Pero o momento actual é especialmente duro cos rapaces, cos máis novos, que son os que sofren as peores consecuencias dunha crise inventada, sobrevida, que fixeron recaer sobre as nosas costas os máis poderosos, reservando para si as ocasión que para os pescadores avispados – avisados- sempre gardan os ríos revoltos.

Nestes momentos, cun paro a escala nacional de máis de cinco millóns de traballadores, cunde un sentemento xeral de frustración para todos os que non teñen encaixe no entramado económico e laboral. Pero a frustración e o desespero é especialmente ostensible e natural nos máis novos, os que acceden por primeira vez ao mundo do traballo, que son os que máis sofren as consecuencias deste sensentido.

As estadísticas da Unión Europea son aterradoras, e evidencian que en España chega ao 56,5% a porcentaxe dos menores de vintecinco anos que queren traballar e non atopan acomodo no mercado laboral. Cifra que contrasta de xeito ostensible coa de Alemania que é tan só do 7,7%.

Diante dun panorama así non valen lenitivos a xeito de promesas, palabras doces, brotes verdes ou luces que evidencian que saímos do tunel. O goberno ten aí, posiblemente, o seu maior problema. E se a grandes males se teñen que oponer grandes remedios, á frustración e desespero da nosa mocidade necesita e teñen que opoñérselles máis ca palabras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES