Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mudo do Asilo (e II)

martes, 12 de noviembre de 2013
Polos anos sesenta o “Mudo” acadou grande sona: o xornalista Jorge Víctor Sueiro, amigo entrañable do cronista, divulgou a singular historia ao publicar unha reportaxe en diversos sornáis galegos e estatais.

A resultas delas, chegou carta dunha señora de Valencia, cunha foto como dun grupo familiar e diante del, deitado no chan, un fermoso cadelo. Ao velo, o mudo amosou a emoción e con insistencia o sinalaba emitíndo como ladridos que emulaban os do can, actitude que se comunicou á boa da muller que, ante a nova, viaxou a Foz.

Tampouco neste caso o esperanzador episodio aclarou ren; de contado, a viaxeira voltou á súa terra, e Santiago Meira Foz ficou aquí de por vida...

Outros residentes foron tamén moi populares: don Gumersindo era un mendigo, de quixotesca imaxe, que lucía perilla no bico da faciana; home culto e cortés, de exquisito trato, bohemio e trotamundos. Asmático e irredento fumador en pipa, aparecía polo asilo cando a saúde se resentía; e así que se recuperaba, voltaba a percorrer os camiños e seguer coa vida bohemia. Cantautor, coa súa trova poñía música e poesía por prazas, rúas e corredoiras: “ el que tiene una cachimba / tiene una fortuna / pues aunque no tenga tabaco / siempre parece que fuma.,,,”

Un día, don Gumersindo, baixou as escaleiras do fermoso xardín que frontea o Asilo ( “edificio, honra e ornato da vila”, que dixera Trapero) e endexamais voltou....

Atilano emigrara a Bós Aires, e daquelas terras só trouxera unha entusiasta admiración polo presidente Perón; falaba e non paraba do gobernante e na memoria gardaba un anaco de discurso peronista que, un tanto larapotado, decía: “ Mis queridos descamisados y poligrillos, es necesario comprender a situación que marca o reglamento en esta localidad informativa... “. E dixemos todos: viva don Juan Perón!!.

“Rabo de pega”, para impoñer nos debates a súa autoridade moral,,decía ós compañeiros: : “qué saberedes vós que nunca deiquí saistes e eu xa fun a Ferreira do Valadouro!!”.

A eles, e moitos outros, lembrámolos con respecto e agarimo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES