Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os diñeiros da Educación

lunes, 11 de noviembre de 2013
O Ministro Wert debe ser un especialista no seu, e por iso foi nomeado Ministro de Educación, pero está por ver o seu papel como político.

O político ten que tomar decisións, e aí está a súa grandeza: decidir canto investir, en que investir, cando investir. E tamén onde recortar, canto recortar e como recortar.

Os recortes en educación son sempre tremendamente sensibles porque repercuten directamente nun campo da actividade humana que incide na sociedade do momento, pero de xeito especial na do futuro.

Recortar en becas nunca será entendido nin perdoado. Pretender recortar en becas Erasmus, que apoian a formación internacional, tan valorada e necesaria na actualidade, agora que o curso xa leva andado un treito importante, é unha irresponsabilidade que se paga caro, ata agora somente coa vergoña corrida polo Ministro ao ter que rectificar en poucas horas a decisión que parecía firme aínda que inconsistente.

Posiblemente a educación non haxa que fiala unicamente nos investimentos económicos porque, como todo proceso con incidencia das persoas, é un síntoma do estado xeral do país. Pero se pretendemos ser un país do primeiro mundo e abordamos os temas da educación como se fosemos do terceiro, o sistema non funcionará. Así estamos, que os nosos estudiantes son cada vez máis floxos, e o sistema non fai máis ca pedir auxilio.

E nesto, chegou Wert “e mandou parar”. Grazas que outros dixeron que xa se parará máis adiante, e por agora seguimos camiñando na ruta que viñamos seguindo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES