Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caen como as follas

viernes, 08 de noviembre de 2013
Estamos en outono, e con arreglo aos dictados da natureza – aínda que o sol ao brillar nos engane ás veces- as follas caducas van caendo ao chan, deixando espidas as árbores ata a próxima primavera. Pero todos sabemos que a primavera virá, e as follas volverán de novo a brotar, e as árbores que están xa espidas volverán a estar ateigadas de follas.

En cambio, seguen a caer as follas –para estas non hai estacións, aínda que esta sexa manifestamente propicia – dos postos de traballo e das empresas en crise, de maneira que moi poucas se van librando da calvicie outonal.

Pode ser menor o ritmo da perda de postos de traballo, como aseguran desde as administracións, pero seguen perdéndose postos e incrementándose o número das persoas que quedan en paro. Pode ser menor o ritmo, pero os Ere seguen a formularse, as empresas entran en concurso de acreedores, e o que non ten problemas para pago de nóminas, seguridade social ou Facenda teno cos seus proveedores ou coas empresas e particulares aos que prestou servizos. A estes efectos, as fins de mes – hoxe é trinta e un de outubro- son aterradores para moitos.

A sensación de inseguridade é tan grande, que parece como se unha monumental lotería fose a que marcase os ritmos e sinalase empresas e persoas, non cabendo máis defensa ou prevención que encomendarse cada quen á súa persoal devoción, e agardar que vaia pasando a tormenta e os pararrayos consigan deter todas as descargas que os estrondos anuncian.

Sendo así, fiados nunha lotería que todos agardamos que non nos toque, calquera anuncio de bonanza previsible se converte na gran esperenza de todos xa que se o temporal amaina temos máis probabilidades de sair indemnes.

As follas seguen a caer. Caen empresas e postos de traballo. Non se anima o comercio, nin os créditos, nin a economía en xeral. E sen embargo queremos crer que os nubarróns se van barrendo do ceo que nos cobre, e que pode chegar de novo a primavera. Na natureza –no físico- vai ser así. Ogallá sexa tamén así no social, no político, e no económico!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES