Noticias

Se constata el inicio de una cultura del Camino en los Encuentros Monográficos con el Patrimonio Cultural del Consello da Cultura Galega

Las primeras constataciones del estudio "Discursos, imaxes e percepción dos visitantes en relación co Camiño de Santiago" permiten obtener, según los investigadores, "aproximacións reais de que empeza a construirse unha cultura do Camiño". Esta conclusión se presentó en el evento sobre patrimonio cultural como línea de trabajo de la Sección de Patrimonio e Bens Culturais del CCG.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou no Encontro monográfico co Patrimonio Cultural “Turismo e Camiño de Santiago” que tivo lugar no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Durante o encontro presentouse o proxecto que está a desenvolver o grupo Galabra da Universidade de Santiago sobre Compostela como meta da Ruta Xacobea.

O proxecto considera todo o tipo de visitantes á cidade, non só peregrinos, e, dentro del, contempla unha dimensión sobre os Camiños de Santiago e os seus impactos en Santiago de Compostela.

Neste proxecto o fenómeno do Camiño é abordado como un recurso cultural, patrimonial, identitario, social, político e económico. Así mesmo, analizada as funcións e efectos que os diferentes itinerarios do Camiño de Santiago teñen para a comunidade tanto local como galega e nacional, a partir dos discursos e das prácticas presentes en material documental de diverso tipo e verificados en visitantes galegos, españois, portugueses e brasileiros, así como en habitantes e comerciantes de Santiago de Compostela. No foro celebrado no día de hoxe presentáronse os avances dos resultados do material recollido que encóntrase en fase de análise.

Nota de prensa del Consello da Cultura Galega (CCG):

“Non podemos achegar conclusións categóricas pero sí aproximacións reais de que empeza a construírse unha cultura do Camiño” afirma Roberto Samartim membro do grupo de Estudos da Cultura Galabra quen, xunto con Elías J. Torres, presentaron os primeiros resultados dun proxecto titulado “Discursos, imaxes e percepción dos visitantes en relación co Camiño de Santiago”. As primeiras constatacións dese estudo centraron a segunda sesión dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”. Unha cita que se insire nunha liña de traballo da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, que busca xerar debate e difusión entre a cidadanía, as administracións e os profesionais arredor de bens patrimoniais sobre os que se estean a desenvolver actuacións.

Entre as primeiras conclusións desta investigación destaca a existencia unha maior presenza do Camiño de Santiago en discursos literarios e en medios de comunicación e audiovisuais que nos propios visitantes. Ademais, os resultados da análise de 547 libros, 86 produtos audiovisuais, 254 webs, xunto con 1964 entrevistas evidencian que existe unha centralidade da Catedral e unha invisibilidade da cidade de Compostela. Este proxecto consideraba o Camiño como un ben pero tamén como un recurso cultural, patrimonial, identitario, social, político ou económico e centraba as súas análises nos visitantes galegos, portugueses, españois e brasileiros así como en habitantes e comerciantes de Santiago.

A investigación está agora en fase de financiamento para poder analizar o material recollido nos últimos tres anos en relación cos discursos e coas imaxes publicadas desde o ano 2008. Nesta sesión dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural” ofreceron avances do traballo tan significativos como que os visitantes brasileiros chegan a Santiago coa idea central e prioritaria de ver a catedral e marchan sorprendidos pola gastronomía, o feito identitario e tamén a proximidade lingüística. O estudo permite saber que este tipo de visitantes come polbo, empanada, pan, torta de Santiago e vieiras.

Ademais, entre os avances presentados hoxe constataron que nos produtos ofertados nas tendas de recordos existe, dun tempo a esta parte, unha presenza crecente de cabaleiros templarios. Malia non ter Santiago nin o Camiño unha fonda relación histórica coa Orde do Temple, a raíz de discursos literarios como a novela de Paulo Coelho, Diario dun mago, incrementáronse tanto recordos como prácticas culturais (noites templarias, representacións….) en Santiago e en cidades do Camiño con esta temática.

Entre os obxectivos do grupo de Investigación de Estudos da Cultura figuran a produción e transferencia de coñecemento sobre asuntos ligados ao funcionamento da literatura e da cultura (entendida como as formas en que as persoas ven, clasifican e interveñen no mundo), con especial atención ao caso das comunidades de lingua portuguesa. Para iso, segundo explican no seu web, “aplica procedementos metodolóxicos cuantitativos e cualitativos, traballo de campo e de corpus, sobre a base das teorías sistémicas, das teorías dos campos sociais, das teorías de análise de redes e das teorías empíricas, con desenvolvemento propio e adaptado ás diferentes realidades do ámbito de pescuda do grupo”.

Os Encontros monográficos co Patrimonio Cultural son unha nova proposta da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que pretenden poñer o foco sobre actuacións en marcha sobre bens do patrimonio galego. Faranse con carácter periódico e pretenden participar tanto na caracterización dos bens como na formulación dos tipos de protección deses bens.

R., 2016-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES