Noticias

El Gobierno gallego prevé reducir hasta el 10% la tasa de paro en el año 2020

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, confía en que el Plan Estratégico de Galicia contribuya a incrementar el PIB gallego un 2.5% anual y reducir la tasa de paro hasta el 10% en cinco años, hasta 2020. Durante el año 2015, el paro bajó en Galicia en 41.000 personas, aunque los sindicatos hablan de "estancamiento" del empleo, aumento de la temporalidad y caída de la población activa. La Xunta quiere aumentar hasta el año 2020 el número de empleos hasta los 100.000 y reducir la población en riesgo de pobreza.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

El presidente del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo, destacó que la aprobación del Plan Estratégico de Galicia 2015-2020, ayudará a consolidar la recuperación económica y a intensificar la creación de empleo a corto y medio plazo. Según dijo, el texto, que será ahora remitido al Parlamento, es un instrumento de planificación que apuesta por un modelo de crecimiento basado en la innovación y en el capital humano.

Feijóo concretó que se trata de un documento que cuenta con diez objetivos entre los que destacan: consolidar un crecimiento económico sostenido, con avances anuales del PIB por encima del 2,5%; aumentar en 100.000 el número de empleos hasta 2020 y reducir la tasa de paro hasta el 10%; disminuir las emisiones de gases de efecto invernadero un 35% y aumentar el uso de las renovables; seguir reduciendo la población en riesgo de pobreza para que Galicia siga estando mejor que el promedio; y ganar ocho puntos de convergencia con la Unión Europea en PIB per cápita.

Son, dijo, objetivos muy claros, al igual que sus prioridades que pasan por blindar el gasto social en educación y en el campo sanitario, por no subir impuestos, por seguir reduciendo el endeudamiento de la Comunidad y por mantener su solvencia y estabilidad.

Feijóo resaltó que este plan es fruto de un amplio proceso de participación, que se consiguió con el envío del texto a medio millar de entidades y con la puesta en marcha de una web específica. También, con la celebración de tres foros sectoriales en los que participaron más de 200 expertos, y con la formación de un comité asesor de primer nivel con especialistas en todos los ámbitos.

El titular de la Xunta consideró, además, que este plan cobra más importancia si se tienen en cuenta los últimos datos de la Encuesta de Población Activa del cuarto trimestre, que refleja que Galicia cerró 2015 con 41.100 parados menos, con 32.100 ocupados más, con más empleo en todos los sectores y con un aumento del empleo a tiempo completo del 4,8%.

El conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, resaltó que la sociedad gallega se encuentra “en un momento crucial” y que por eso precisa “nuevos retos, nuevos referentes y nuevas oportunidades como país”. “Galicia tiene también hoy por hoy un valor muy importante, la estabilidad, y nosotros, como Gobierno, queremos seguir blindando esa estabilidad, garantizando la planificación a medio plazo, hasta el año 2020”, señaló.

En este sentido, el titular de Facenda destacó que tener “estrategia supone dar certezas a la ciudadanía”, y que el “Gobierno que planifica no improvisa”. Es por eso que el hecho de tener estrategia “supone acercar estabilidad a la Administración y, consecuentemente, a la ciudadanía”, afirmó el conselleiro.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

A Secretaría de Emprego de CCOO sinala que a última enquisa de poboación activa (EPA) ratifica as críticas do sindicato sobre a situación da economía galega e pon de manifesto as dificultades de Galicia para crear postos de traballo. Os datos amosan que o noso país seguiu perdendo emprego no cuarto trimestre de 2015 (6.500 persoas ocupadas menos; unha diminución do 0,6 %), co que a cifra de ocupación baixa ata 1.032.500 persoas. Pola contra, na media estatal sobe lixeiramente a poboación ocupada (45.500 persoas, un 0,25 % máis).

Segundo CCOO, mentres a Xunta non cambie de políticas, dificilmente poderá Galicia saír da crise. Por esta razón, o sindicato insta o Goberno autonómico a exercer as súas competencias para corrixir a situación.

A perda de emprego céntrase nos homes (8.100 ocupados menos fronte a 1.600 ocupadas máis) e nas persoas menores de 35 anos (13.500 ocupadas menos fronte a 7.100 ocupadas máis de 35 anos ou en diante). Por sectores, na industria hai 4.700 persoas ocupadas menos (-2,9 %) e 4.900 menos nos servizos (-0,7 %); porén, hai 2.600 persoas ocupadas máis na construción (+3,6 %) e 600 máis no sector primario (+0,9 %). Polo tipo de xornada, as persoas máis prexudicadas foron as que tiñan un emprego a xornada parcial (2.700 empregos menos a xornada completa fronte a 3.800 menos a xornada parcial).

No que atinxe á poboación asalariada, a destrución do emprego bate no sector privado (9.700 persoas asalariadas menos fronte a 700 máis no sector público) e, polo tipo de contrato, o emprego destruído é temporal (18.700 empregos temporais menos fronte a 9.600 indefinidos máis). A taxa de temporalidade está no 25,5 %, son dous puntos menos ca no trimestre anterior.

En comparanza co cuarto trimestre de 2014, en Galicia hai 32.100 persoas máis con emprego (18.700 homes e 13.400 mulleres). No entanto, o emprego por conta allea temporal medra con máis forza ca o indefinido (17.500 temporais máis fronte a 8.800 indefinidos).

Por outra parte, mentres que no Estado baixa o desemprego no cuarto trimestre de 2015 (71.300 persoas paradas menos), en Galicia permanece estancado (só 100 persoas desempregadas menos).

Daquela, o derradeiro trimestre do 2015 finalizou con 222.700 persoas desempregadas en Galicia, o que implica unha taxa de paro do 17,7 %; a dita taxa é do 17 % nos homes e do 18,6 % nas mulleres. En termos anuais, hai 41.100 persoas paradas menos (–15,6 %), das cales 26.700 son homes e 14.500 mulleres.

Outro dato que resulta preocupante para CCOO é o da evolución da poboación activa, pois abandonaron o mercado laboral 6.700 persoas no cuarto trimestre de 2015 e 9.100 no último ano. Ao tempo, no cuarto trimestre de 2015 había 75.100 fogares con todos os seus membros activos en paro (dous mil fogares máis ca no trimestre anterior) e 32.800 que non perciben ingresos (3.100 máis ca no trimestre anterior).

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

A Comisión Executiva de UGT-Galicia insiste en que a tan anunciada e publicitada recuperación económica non chega aos fogares. A ocupación cae, o desemprego baixa de xeito imperceptible, as cifras referidas ás vivendas nas que todos os activos están no paro ou non hai ingresos seguen a ser insostibles, case a metade dos menores de 25 anos están en situación de desemprego, a taxa de temporalidade segue medrando e o número de parados que levan máis dun ano na procura de emprego xa supera as 130.000 persoas.

Neste escenario é imposible falar de recuperación real para as familias e fin da crise para a economía dos fogares galegos.

O Sindicato alerta que nestes últimos anos, é evidente, que o Goberno da Xunta non foi capaz de poñer enriba da mesas as medidas necesarias para salvagardar o diferencial positivo que en materia de emprego Galicia viña mantendo en relación á media do Estado.

Dende UGT-Galicia faise fincapé en que de non adoptarse medidas en materia de emprego, que garantan, non só a súa creación, senón que este sexa estable e de calidade, chegará o momento en que esta Comunidade iguale os seus indicadores á media do Estado, confluíndo, polo tanto, co comportamento das comunidades que presentan peores conxunturas en materia de emprego.

Más información: http://www.planestratexico.gal/es/inicio

R., 2016-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES