Noticias

Los grupos de la oposición nacionalista AGE y BNG abren una brecha con el PSdeG en el Parlamento de Galicia

El desencuentro entre las fuerzas de la oposición en el Parlamento de Galicia ha abierto una fractura entre los dos grupos minoritarios (AGE y BNG) y el PSdeG. La posible candidatura unitaria para las elecciones generales, unido al acuerdo entre el PPdeG y el PSdeG en la renovación de cargos como el consejo de administración de CRTVG, evidencian los desencuentros. Beiras habla de "duopolio".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

“Hai unha pequena metamorfose na estrutura interna do Parlamento. Ate agora existía o monopolio do Partido Popular, que actuaba como partido único e reducía o debate ás consignas da Moncloa. Agora pasamos ao duopolio, como a Coca Cola e Pepsi, que simulan unha competencia entre eles inexistente”. Esta é a conclusión á que chegou Xosé Manuel Beiras logo da xunta de portavoces da Cámara galega que se reuniu e na que se decidiron os asuntos a tratar no pleno extraordinario do luns tres e o martes catro de agosto. Para o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), PP e PSdeG están a poñer en práctica “o que xa terán pactado na escuridade Felipe González e Mariano Rajoy”.

Beiras explicou así os acordos aos que chegaron populares e socialistas, sen ter en conta nin sequera consultar aos grupos da oposición, en materias como a composición do consello de administración da CRTVG, o Consello de Contas ou unha reforma do regulamento parlamentario “reaccionaria e agresiva” contra as minorías do Hemiciclo. “O PSOE alíñase co PP e cómpre ter isto moi claro, tamén de cara ás vindeiras eleccións a Cortes”, engadiu, “porque esta reforma do regulamento, que deixa en inxenua a de Fraga en 1993, supón un atentado contra os cidadáns e cidadás que non votan ao partido que está no Goberno e, agora, tamén contra os que non votan ao PSOE”.

“A carencia de sentido da historia é o máis patético destes amaños” bipartidistas, dixo Beiras, “e o máis tráxico os efectos sobre a cidadanía das políticas que defenden”. Nunha situación en que o Partido Popular xa decidiu botar o cadeado ao Parlamento coa complicidade do PSdeG, o portavoz de AGE lembrou que “alguén debe manter a dignidade da institución, que se exerce indignándose contra os que a desprezan” e sinalou á oposición real como os encargados desa tarefa.

Para rematar, Xosé Manuel Beiras encadrou o que acontece no Parlamento galego co esgotamento xeral do réxime nacido da “Segunda Restauración Borbónica”. “O PSOE está en conivencia con esa metamorfose do nazismo que dirixe a escala europea Schäuble”, relatou, “mais tal e como están as cousas, ben hai un golpe de Estado ao estilo do que fixeron en Grecia, ben a cidadanía varrerá todo isto.

No pleno extraordinario do vindeiro luns e martes debateranse as leis de estradas, de financiamento de partidos políticos, do Consello de Contas e mais unha iniciativa lexislativa popular a respecto da participación cidadá. Amais, discutirase a reforma do regulamento da Cámara. O martes, a seguir, será o pleno extraordinario sobre o teito de gasto.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG non descarta emprender accións legais ante o proceso de renovación do consello de administración da CRTVG pactado entre PP e PSOE de costas á Cámara, por entender que se trata “dunha ilegalidade manifesta e dun disparate” que incumpre a Lei de Medios Públicos de Galiza.

O portavoz parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera, explicou que o “cambalache” entre socialistas e populares, -que se consumará no pleno extraordinario da próxima semana-, vulnera a mencionada lei porque ignora que a renovación do consello de administración do ente ten que ir acompañado da escolla dun novo director/a e dunha proposta marco.

Pese á solicitude dos grupos parlamentarios BNG, AGE e Mixto, os servizos xurídicos da Cámara non facilitaron ditame algún sobre o asunto na xunta de portavoces.

O acordo PP-PSOE, -que tamén inclúe a renovación do Consello de Contas e do Valedor do Pobo e a reforma precipitada do regulamento da Cámara-, pretende “blindar o status bipartidista do Parlamento recortando capacidade de iniciativa ao resto dos grupos”, criticou Jorquera.

“Úsase o Parlamento como decorado para referendar o que xa cociñaron por detrás e reproducindo un esquema de cotas que atenta contra a independencia que deben ter os órganos estatutarios e da a radiotelevisión públicas”, afondou o portavoz parlamentario.

A mesma convocatoria do pleno extraordinario imposta polo PP en horario vespertino evidencia o desexo de minimizar o debate na opinión pública nun momento en que Feijóo quere presentarse “como campión da rexeneración democrática”. En definitiva, argumenta Jorquera, “quere culminar o trámite das leis que formar parte da súa operación de lifting para encubrir a falta de iniciativa do seu goberno e a súa falta de compromiso na loita contra a corrupción”.

Os dous plenos extraordinarios consecutivos da vindeira semana aprobarán tamén a reforma da lei do consello de contas, a de iniciativa lexislativa popular e participación cidadán no Parlamento, a de financiamento dos partidos políticos e acollerá comparecencia do goberno en relación á crise do sector leiteiro, tras vetar o PP a comparecencia de Feijóo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou o contido do Pleno extraordinario que se celebra o luns 3 e martes 4 de agosto como “transcendente e dos máis importantes desta lexislatura polo que supón de aposta polas nosas institucións autonómicas e da normalidade democrática”. Neste sentido, criticou que “os grupos que están en contra da normalidade democrática non entendan que unha inmensa maioría próxima ao 80 por cento desta Cámara estea pola labor de soster e chegar a acordos que reforcen e lexitimen o noso entramado institucional”, manifestou.

Puy sinalou, en primeiro lugar, que no Pleno extraordinario solicitado polo Grupo Popular “se vaian a normalizar as institucións estatutarias básicas, fundamentalmente o Valedor do Pobo, que leva dous anos cun Valedor en funcións pero que está facendo unha grande labor; e o Consello de Contas, que conta con tres membros e un deles co mandato xa concluído hai varios meses”.

En segundo lugar, o portavoz popular concretou que se procederá ao debate e aprobación dun paquete lexislativo que afecta a institucións básicas da Comunidade galega. Así, procederase o debate e aprobación da reforma do Regulamento do Parlamento, así como da Lei do Consello de Contas “para que asuma unha competencia básica e importante no momento actual como é as tarefas de prevención da corrupción”.

Así mesmo, a sesión plenaria extraordinaria inclúe a aprobación dunha Lei de participación da cidadanía no Parlamento de Galicia, “que amplía o abano de posibilidades de participación directa da cidadanía nesta Cámara, porque a partir de agora poderá instar aos grupos a debater sobre iniciativas de impulso e control ao Goberno”.

Para rematar, Pedro Puy referiuse á nova Lei de financiamento dos partidos, a través da que “nos adaptamos á lei estatal, incluso con maiores restricións, e se substitúen as doazóns privadas aos partidos por un financiamento transparente e obxectivo a través do orzamento da Comunidade Autónoma”.

Por todo elo, o portavoz popular considerou “transcendente e relevante” esta sesión plenaria extraordinaria, tanto desde o punto de vista institucional como de aposta pola normalidade democrática. Porén, criticou que “os grupos parlamentarios que están en contra da normalidade democrática, que o único que ven son fantasmas de protofascismo e din que o réxime está podrecido, non entendan que unha inmensa maioría próxima ao 80 por cento desta Cámara estea pola labor de soster o noso entramado institucional e que nesa liña cheguemos a acordos que reforcen e lexitimen ese entramado institucional”.

A este pleno extraordinario solicitado polo Grupo Popular sumarase outra sesión extraordinaria a petición do Goberno galego no que se procederá ao debate e aprobación do teito de gasto para 2016 e terá lugar a comparecencia da conselleira do Medio Rural, atendendo unha demanda unánime dos grupos da oposición, para falar sobre a situación do sector lácteo.

Cuestionado sobre o nomeamento dos membros do Consello de Administración da futura Corporación de Radio e Televisión de Galicia, Puy lamentou que “os grupos minoritarios estean cuestionando a normalidade institucional de Galicia en base a cuestións meramente formais”. Neste sentido, lembrou que a Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia establece que estas seis persoas estarán nomeadas con anterioridade á conversión da actual Compañía de Radio e Televisión de Galicia en Corporación, situación que previsiblemente terá lugar antes de que finalice o presente ano.

“O único que tratan estes grupos parlamentarios é entorpecer e distraer a atención con cuestións formais sobre o que se vai debater no Pleno extraordinario”, manifestou Puy. Así, lembrou que “están en contra do que eles mesmos trouxeron a Pleno en novembro de 2013”, cando o BNG esixía a inmediata aprobación e aplicación do estatuto profesional da Radio e Televisión de Galicia e a creación dun Consello de Informativos.

O portavoz popular lamentou que “estean intentando enrarecer un debate sobre normas e elección de órganos institucionais con cuestións formais, que ao final quen o decide é a Mesa, sempre asesorada polos servizos xurídicos da Cámara que non permitirían que se celebrase unha comisión ou Pleno con contido contrario a calquera norma xurídica vixente en Galicia”.

R., 2015-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES