Noticias

Elecciones municipales 24-M: Galicia cierra la campaña para estos comicios de proximidad

Los candidatos a las alcaldías de las siete principales ciudades de Galicia por los cinco grandes partidos políticos tienen un marcado perfil masculino, de unos 50 años de edad y con titulación superior. Tan solo ocho mujeres integran el listado de los 34 candidatos aspirantes a liderar los gobiernos en las principales localidades gallegas por pare del PPdeG, el PSdeG, BNG, Ciudadanos y otras plataformas cívicas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto da maioría de galegos que queren gobernos desde o primeiro día e non perder tempo e diñeiro con enfrontamentos e divisións. Neste senso, fixo fincapé en que os populares propoñen gobernos unidos, sólidos, cohesionados que funcionen desde o primeiro día e que desde o primeiro día non se dediquen a outra cousa que a cumprir co seu deber.

Do mesmo xeito, Feijóo engadiu que desde o primeiro día non se pode perder un minuto noutra cousa que non sexa combater as consecuencias da crise e crear oportunidades, en lugar de perder o tempo quitando bandeiras españolas e poñendo caixas de cartón para votar referendums de independencia. Ademais, cre que o que cumpre facer desde o primeiro momento é atender aos veciños e buscar os mellores servizos sociais e non poñerse ao servizo dunha ideoloxía ou dun ego.

Feijóo facía fincapé en que non están as cousas para andar perdendo o tempo e o diñeiro e, nesta liña, lembrou que non houbo gobernos que perderán máis o tempo que os de coalición de esquerdas e nacionalistas nin houbo gobernos que perderán máis o diñeiro que os xestionados polos socialistas. Como recordou, Galicia e España non o aceptaron e por iso decidiron cambiar o Goberno por outro que, como o actual, está tentando recuperar, grazas ao esforzo e o apoio da xente, o diñeiro e o tempo perdidos.

O líder do PPdeG salientou que non houbo un goberno en toda a historia de España que xestionara máis presuposto público que o último goberno socialista e, sen embargo, o goberno co que se evitou o rescate, co que se corrixiu o déficit, co que se pagan as débedas e co que a economía volve crecer e volve crearse emprego é o dos populares. Do mesmo xeito, lembrou que non houbo unha Xunta en toda a historia da Autonomía que xestionara máis presuposto público que o bipartito e, pola contra, agora páganse as facturas e págase antes aos provedores, constrúense e refórmanse hospitais públicos e centros de saúde, hai máis prazas públicas de servizos sociais, máis ordenadores e idiomas no ensino público e Galicia crece e baixa o desemprego. Neste senso, destacou que hai unha maioría de galegos que o que queren é que os gobernos gobernen e iso é o que fixeron os populares en todo momento e a eles lles piden a súa confianza.

O líder dos populares galegos asegurou que hai unha maioría de galegos que se senten orgullosos de ser do seu concello, de ser galegos e ser españois, porque é perfectamente compatible; unha maioría de galegos que están coa convivencia que nos demos na Constitución e no Estatuto, porque saben o que custou e non o rexeitan e desprezan; e unha maioría de galegos que están na moderación e no respecto á diferenza e non na imposición e o extremismo. Do mesmo xeito, afirmou que hai unha maioría de galegos que queren unha xestión responsable, cun proxecto a seguir, con obxectivos a cumprir; que quere normalidade e gobernabilidade nas institucións; que queren ser representados por servidores humildes e non pola arrogancia e a prepotencia; e que prefiren a cooperación e a unidade en lugar da división e o confrontación permanente.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apelou á xente que aínda non ten decidido o seu voto para que elixan “alcaldes con voz propia” necesarios para defendelos da “irresponsabilidade” da dereita, e non “delegados do PP e da nefasta xestión de Rajoy e Feijóo”. Para exemplificar esa mala xestión, o socialista aludiu a un recente estudo que alerta de que a hucha das pensións pode esgotarse en cinco anos. “Rajoy non para de sacar cartos do Fondo de Reserva da Seguridade Social, o que coñecemos como a hucha das pensións, que os socialistas deixamos con 67.000 millóns. En só tres anos, Rajoy gastou a metade dese diñeiro”, dixo. “En Galicia e en Lugo, que temos moita xente maior con fillos no paro, vemos como o que parecía intocable, a dereita o destrúe por mala xestión económica”.

En Galicia, “lonxe de botar unha man ás persoas maiores”, Feijóo “dedícase a recortar prestacións sociais e servizos sanitarios” nos hospitais da Xunta. “Se Rajoy fai perigar as pensións desde Madrid, e Feijóo recorta os servizos sanitarios dende a Xunta, como imos a permitirnos ter tamén un Alcalde de dereitas que baixe a cabeza ante esta situación?”, preguntouse Besteiro. “Necesitamos alcaldes como os do partido socialista, capaces de ter o concello saneado e seguir prestando servizos aos maiores, establecendo unha barreira de protección fronte a irresponsabilidade social da dereita”.

O socialista afirmou que “á dereita e a Feijóo, Lugo segue a quedarlles moi lonxe”, sobre todo “á hora de amosar un mínimo de sensibilidade cos seus veciños”, e reiteroulle a oferta da Deputación de financiar o servizo de Hemodinámica as 24 horas. “Pídolle a Feijóo que exerza por unha vez de Presidente de todos os galegos e supere dunha vez por todas que o PP non goberne en Lugo, sobre todo porque vai a seguir sen gobernar”, dixo.

O secretario xeral do PsdeG trasladoulle aos lucenses que “Lugo non debe cambiar o alcalde que máis a fixo crecer como cidade por unha persoa que renega dos seus veciños”. Porque o “máis triste”, dixo, “é que o PP non só non fai nada desde a Xunta por esta cidade, senón que os emisarios do PP na cidade e na provincia seguen a defender irracionalmente os argumentos do seu partido por riba dos argumentos dos veciños e das súas familias”.

Así, o PP “non so demostra que é capaz de traizoar a aqueles que lle votaron”, senón tamén “ser un partido completamente insensible cos problemas dos que lle votaron e que eles mesmos causan”. “Non lle deades a confianza a unha persoa que vos pide o voto e logo vota en contra de Lugo no Parlamento galego! Non cambiedes a Orozco por un renegado dos lucenses!”, concluíu.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz nacional, Xavier Vence, apelou ao electorado indeciso co argumento de que BNG-Asembleas Abertas é a única alternativa nacionalista “para quen lle doa a situación crítica do país como consecuencia das políticas de recortes e de submisión a Madrid do PP”, e instou a ir votar o 24M “para non arrepentirse de resultados inesperados o 25M”.

“Aínda hai moitos galegos e galegas que teñen dúbidas e a eles me dirixo para dicirlles que o voto BNG-Asembleas Abertas ten un valor dobre: é clave para derrotar ao PP nos concellos de toda Galiza e non só nun puñado de cidades, e representa a única alternativa para construír un proxecto nacionalista no conxunto do país”.

“Plantamos cara á dereita en todo o territorio, non nun cantón, nin nun selecto número de concellos”, subliño Vence no mitin de Coruña. “Fronte ao cantonalismo e o culto ao efémero, BNG-Asembleas Abertas ten un proxecto claro, sólido e fiable para toda Galiza desde os concellos, e nos presentamos co aval do traballo feito alí onde gobernamos”.

O dirixente nacionalista puxo en valor a traxectoria do candidato Xosé Manuel Carril, “traballador incansable, exemplo de honradez e de compromiso, loitador de todas as causa xustas, sempre con quen máis o precisa, ningunha loita social nesta cidade lle foi allea”, dixo, “porque Carril defende unha Coruña de benestar para todos e todas, fora do puñado de privilexiados do Parrote”. Por iso, o 24M a veciñanza porá a este PP “onde lle corresponde, no faiado cos traxes que cheiran a naftalina”, proclamou Vence, convencido de que “mesmo os votantes moderados darán as costas a un PP radicalmente antisocial e antigalego”.

Vence cualificou a Feijióo de “hooligan dos recortes” con especial “saña” na sanidade e na educación públicas, declarando “sen complexo algún que sobran universidades” . “Unha moda á que vimos que se apuntan os novísimos madrileños como Pablo Iglesias. Supoño que non pensa pechar a Complutense, así que debe ser en provincias onde sobran universidades, que rápido aprenden as vellas leccións”, ironizou.

Carril, que fixo un emotivo agradecemento ás persoas asinantes do manifesto de apoio a súa candidatura, deixou claro que o 24 de maio hai que optar pola xustiza social que defende o BNG ou polos privilexios que defende o PP.

“Se queremos ser persoas e non cifras bancarias, se queremos pan e non fame, se queremos traballar na terra e non emigrar, se queremos ética e non corrupción, se queremos vida e non recortes,…o 24 de maio hai que votar BNG-Asembleas Abertas”, proclamou.

Carril pediu o voto cunha síntese do que defende BNG para a cidade da Coruña: “Traballo, teito, benestar, xustiza social, acabar coas fronteiras entre ricos e pobres e todo apostando pola nosa soberanía”, concluíu.

R., 2015-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES