Noticias

Teatro Ensalle estrena en Vigo el montaje Las calles corrían por las calles, antes de viajar por España y México

Artús Rei, Raquel Fernández y María Costa interpretan el montaje dirigido por Pedro Fresneda a partir de un texto de creación propia que pretende ser un expositor de inquietudes sociales, separando los contenidos argumentales de las experiencias de los personajes. Antes de iniciar la gira por 15 escenarios de España y México, "Las calles corrían por las calles" se estrena en el Teatro Ensalle de Vigo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Teatro Ensalle estrea o xoves 5 de marzo en Vigo o seu espectáculo ‘Las calles corrían por las calles’, a nova proposta que a compañía que rexenta a sala homónima da cidade olívica produciu este ano con subvención da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e que exhibirá ata outubro en 15 escenarios de España e México.

Baixo a dirección de Pedro Fresneda, Artús Rei, Raquel Hernández e María Costa interpretan esta montaxe, na que Ensalle volve amosar o seu estilo persoal de traballo, que se separa dos contidos argumentais e das experiencias dos personaxes para centrase nun compromiso coa escena como expositor de inquietudes sociais.

Nesta ocasión, o espectáculo construído cos actores a partir dun texto escrito por Fresneda dirixe a mirada cara á propia experiencia da compañía ao longo de máis de doce anos, indagando no aprendido de mestres e artistas, pero tamén nas rúas, nas casas, nos bares e en calquera lugar de encontro. Así, tomando como título a frase ‘las calles corrían por las calles’ extraída do libro ‘El señor presidente’ do Nobel guatemalteco Miguel Ángel Asturias, Ensalle reivindica a curiosidade e a creatividade fronte á mediocridade que, ao seu modo de ver, se estende cada vez en máis ámbitos do comportamento humano.

Este é un dos 26 espectáculos galegos beneficiarios das axudas que a Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinou en 2014 á dinamización escénica en Galicia, polas que se concederon o pasado ano 600.000 euros. Precisamente, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as novas bases que rexerán a convocatoria para 2015.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, asistirá ás 22:00 horas á primeira das catro representacións de ‘Las calles corrían por las calles’ que se levarán a cabo ata o domingo no Teatro Ensalle. O espazo vigués será o punto de partida para a prolongada xira que se desenvolverá ata o mes de outubro polos escenarios españois e mexicanos e que terá como destinos, entre outros, Aranjuez, Santander, Tenerife, Valencia, Bilbao, Cáceres, Veracruz, Chiapas, San Luis de Potosí, Guanajuato, Yucatán ou Sinaloa.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-03-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES