Noticias

El Festival Escenas do Cambio introduce el teatro, la danza y el arte contemporáneos en la Cidade da Cultura en febrero de 2015

El Museo Centro Gaiás de la Cidade da Cultura de Galicia abre sus puertas entre el 4 y el 21 de febrero de 2015 a la escena contemporánea a través del Festival Escenas do Cambio que sirve como escaparate para compañías españolas y foráneas que exhiben sus propuestas de teatro, danza y arte en acción con grupos de reflexión, conferencias y 17 espectáculos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o mes de febreiro no Gaiás o festival ‘Escenas do cambio’, dedicado ao teatro, a danza e a arte en acción. Dezasete espectáculos, catro conferencias-performances e varios grupos de reflexión darán corpo a un programa integrado por compañías principalmente galegas, españolas, lusas e latinoamericanas.

‘Escenas do cambio. Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción’ arrancará o 4 de febreiro de 2015 no Museo Centro Gaiás baixo a dirección artística do galego Pablo Fidalgo e coa implicación do público, a experimentación e novidosas linguaxes e formatos como sinais de identidade. A política, o compromiso da arte, a realidade social ou a memoria individual, dos países e histórica serán algunhas das temáticas que ofrezan a vintena de actividades que integran o festival.

“Con Escenas do cambio, o Museo Centro Gaiás abre as súas portas á creación escénica contemporánea e déixase traspasar e ocupar pola intensidade dunha arte viva e emocionante”, aseverou María Pereira, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, durante a presentación do festival, que tivo lugar esta mañá no Gaiás. Neste encontro cos medios, María Pereira estivo acompañada pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e o director artístico do festival, Pablo Fidalgo.

Fidalgo recoñeceu que este proxecto recolle os froitos do traballo iniciado en Compostela na década dos 90 que deron lugar a iniciativas fortes para a creación da escénica contemporánea en Galicia. “Agora queremos recoller todo ese traballo. Volver aglutinar creadores, facilitar o intercambio entre xeracións, dar voz a experiencias concretas e deixar facer aos que veñen”, asegurou Fidalgo.

‘Escenas do cambio’, ao igual que todas as actividades do programa cultural da Cidade da Cultura, conta co patrocinio privado da Fundación Gaiás, a quen Beatriz González Loroño lle amosou o seu agradecemento polo seu firme compromiso coa cultura e o apoio demostrado á institución que dirixe.

‘Escenas do cambio’ desenvolverase ao longo de tres semanas entre o 4 e o 21 de febreiro e devolverá a España creadores de referencia internacional como La Ribot, Premio Nacional de Danza 2000; Olga Mesa ou Olga de Soto. Ademais existirá un programa de conferencias, con persoas que impulsaron espazos de creación e festivais en Cataluña, Euskadi, Portugal e outros países do mundo. Como complemento, haberá unha importante presenza de creadores de América Latina, na tentativa de fortalecer unha relación histórica e un fluxo artístico desde Galicia cara a América e viceversa.

‘Escenas do cambio’ arrancará o 4 febreiro con dúas creacións portuguesas: Cláudia Dias, unha das performers máis importantes da última década, e Ana Borralho e João Galante coa estrea de ‘Atlas’, obra protagonizada por cen persoas de Santiago de Compostela que traballarán durante unha semana cos artistas e o seu equipo.

Precisamente, a Cidade da Cultura lanza unha convocatoria para buscar a esas cen persoas de Santiago de Compostela que queiran participar nesta obra e converterse nos seus actores. Presentada en países de todo o mundo nos últimos catro anos, en cada cidade logrou tecer un manifesto colectivo, dándolle voz á xente común, traballando con eles con paciencia, respecto e verdade ata conformar un Atlas da organización social humana. Os que queiran saber máis ao respecto poden mandar un correo electrónico a online@cidadedacultura.org.

Polos escenarios do Museo Centro Gaiás pasarán tamén compañías clave do teatro galego como Matarile coa peza íntima ‘Teatro invisible’ ou a primeira colaboración entre os tres mellores contadores do noso tempo: Celso F. Sanmartín, Quico Cadaval e Francisco Gutiérrez ‘Guti’. A música tamén terá cabida neste festival de artes en movemento cunha das nosas artistas máis carismáticas: Mónica de Nut que, acompañada de Virxilio da Silva, presentará o seu último disco: ‘Dos fíos invisibles chegan as cores’.

A primeira semana do festival completarase cunha reflexión sobre a democracia actual de Roger Bernat e tres pezas ao redor da danza: a estrea en España da obra ‘De repente fica tudo preto de gente’, do coreógafo brasileiro Marcelo Evelin; o documental escénico de Olga de Soto ‘La mesa verde’; e a última produción de La Ribot, en colaboración con Juan Domínguez e Juan Loriente: ‘El triunfo de la libertad’.

A segunda semana será a quenda de América Latina con catro compañías: La Re-Sentida (Chile), Hermanos Oligor/Microscopía (México), Pablo Larraín (Chile) e Lola Arias (Arxentina), coa que colaborarán os galegos Branca Novoneyra, Diego Anido, Iván Marcos e Uxía. Vaello. Todas elas están próximas a unha idea de teatro documental, onde se traballa a unión do teatro e a vida, e onde se deixa claro que na forma de relacionarnos co noso pasado está a posibilidade de construír un futuro.

‘Escenas do cambio’ rematará a fin de semana do 20 e 21 de febreiro con ‘La edad de oro’, unha peza capital para entender a evolución do flamenco a cargo de Israel Galván, Premio Nacional de Danza en 2005, coa asesoría artística de Pedro G. Romero e a compaña do cantaor El Niño de Elche. O broche final porao Tiago Rodrigues con ‘By heart’, unha performance onde dez espectadores terán que aprender un soneto de Shakespeare.

De forma paralela ás funcións, ‘Escenas do cambio’ celebrará catro conferencias nas que se porán sobre a mesa novas formas de facer chegar a arte ao público. As charlas estarán a cargo da coreógrafa e artista asturiana Olga Mesa; Thomas Walgrave, director do Alkantara Festival; María Muñoz, directora artística de Mal Pelo e creadora de L’animal a l’esquena, un centro de investigación sobre a linguaxe artística contemporánea; e a coreógrafa Idoia Zabaleta, que explicará un percorrido vital que partindo de Azala, un espazo de creación situado no medio rural alavés, chega ata a Azalea, que é unha estrutura de produción experimental situada en calquera lugar.

Xunto a estas conferencias, o festival contará con grupos de reflexión dirixidos por grandes do noso teatro como Olga Mesa e Xesús Ron, que formularán como obxectivo repensar a escena galega. Outro dos grupos estará dirixido por Cláudia Dias e Idoia Zabaleta, que traballarán con artistas novos galegos durante os primeiros catro días do festival.

Thomas Walgrave, pola súa banda, contará a súa experiencia no festival Alkántara, un dos máis importantes do continente. María Muñoz falaranos dun dos centros de residencias artísticas máis relevantes da península, L’animal a l’esquena e Olga Mesa, Olga de Soto ou La Ribot falarán da súa experiencia como artistas en países estranxeiros que acolleron e potenciaron as súas creacións. Xunto a outros programadores europeos, españois e galegos, o obxectivo é tratar de aprender de todos eses modelos de xestión.

As entradas para todas as funcións do festival sairán mañá á venda no Punto On da Cidade da Cultura e www.servinova.com a un prezo de 8 euros, excepto as obras ‘El triunfo de la libertad’ de La Ribot, ‘Mis Documentos’ de Lola Arias e a actuación musical de Mónica de Nut, que son de balde. Para estas tres últimas será preciso retirar invitación no Museo Centro Gaiás a partir do 3 de febreiro, cun máximo de dúas entradas por persoa.

Ademais, ata o 18 de xaneiro pode adquirirse nos mesmos puntos de venda un bono para todas as sesións por un prezo de 40 euros (máis gastos de xestión no caso de mercarse en Servinova).

‘Escenas do cambio’ ofrece tamén unha oferta 4x3 (asiste a catro funcións e paga tres) por 24 euros. Esta última opción só está dispoñible a través do teléfono de Servinova 902 504 500.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2014-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES