Noticias

El Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) conmemora su 10º aniversario compilando más 100 exposiciones y 50 investigaciones

Tras casi 70.000 visitantes, el Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) conmemora su 10º aniversario recogiendo y destacando más de 100 exposiciones itinerantes y 50 trabajos de investigación editados como salvaguardia del patrimonio educativo gallego, pionero en España.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou a exposición ‘10 anos de MUPEGA’, coa que se conmemora unha década de actividade pública do Museo Pedagóxico de Galicia na súa sede compostelá de San Lázaro, un espazo polo cal pasaron xa preto de 70.000 visitantes. Concretamente, ‘10 anos de MUPEGA’ ocupará a parte dedicada a exposicións temporais da primeira planta e nela exporanse un total de 89 pezas entre imaxes, documentación de arquivo e materiais educativos que testemuñan a súa evolución, que pon de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio pedagóxico de Galicia, desde a súa apertura o día 21 de outubro de 2004 até a actualidade. A mostra permanece aberta até o 28 de febreiro de 2015 e pode visitarse de balde.

O conselleiro destacou que se trata do primeiro museo desta temática que xorde en España con respaldo institucional desde o século XIX e fixo fincapé no seu traballo expositivo e investigador: “con máis de 100 exposicións itinerantes e máis de 50 traballos de investigación editados.” Así mesmo, nos dez anos de vida pública do museo organizáronse 4 eventos congresuais de carácter nacional e internacional, 5 cursos de formación para especialistas e 10 exposicións temporais de produción propia.

Por outra banda, Vázquez Abad chamou a atención sobre o feito de que o MUPEGA se fose incorporando “ás organizacións museísticas máis sobranceiras, desde o ICOM ata o Consello Galego de Museos, sen esquecer ás relacionadas co mundo do xogo e xoguete tradicional, como Brinquedia ou a Asociación Galega do Xogo Tradicional, nestes casos para responder ao mandato fundacional que este centro tivo e ten co mundo do xogo e do xoguete galego.” “Desde a Consellería de Cultura e Educación −concluíu o responsable da Xunta−, parécenos moi importante que manteñamos o contacto co esencial do pasado e coa actitude das persoas que sentaron as bases para ofrecer unha educación de calidade.”

Un museo centrado no patrimonio pedagóxico e lúdico de Galicia
O MUPEGA, que protexe, estuda e difunde o legado histórico-educativo da nosa terra, ofrece na súa planta baixa e primeira distintos espazos museográficos como os que representan as distintas aulas históricas de primaria e secundaria, a inspección educativa, o maxisterio, o mundo infantil, as escolas chegadas de alén mar e a galería de educadores galegos. Así mesmo, na segunda planta a protagonista é a Rede Mupega, na que se ofrece unha coidada selección de fondos procedentes dos institutos históricos da nosa comunidade, aqueles creados nos anos centrais do século XIX, e que son o IES Salvador de Madariaga (A Coruña), o Arcebispo Xelmírez (Santiago de Compostela), o Lucus Augusti (Lugo), o Otero Pedrayo (Ourense) e o Sánchez Cantón (Pontevedra). Algunhas pezas singulares expostas son o Mapa Orográfico de Vicente Fraiz Andón, a máquina de imprenta Minerva, o motor Barreiros, que se empregaba na instrución do alumnado de FP na rama de mecánica, ou a máquina Perkins para a escritura en Braille.

Por último, o museo mantén desde o principio un compromiso co mundo infantil, en xeral, e co do xogo e xoguete tradicional galego, en particular. Hai varias áreas especificamente deseñadas para explicar elementos capitais do mundo infantil como son o nacemento, a crianza e o xogo. Neste sentido cómpre destacar unha ludoteca para os máis pequenos e un patio de xogos exteriores para que os maiores poidan coñecer e gozar co noso patrimonio lúdico máis enxebre.

R., 2014-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES