Noticias

PuntoGAL presenta las 93 primeras direcciones web del Programa Pioneiros que se activarán con este dominio el 25 de julio

De las 134 solicitudes, la Asociación PuntoGAL ha seleccionado a las 93 primeras direcciones que se activarán el 25 de julio con el dominio ".gal", en el marco del Programa Pioneiros. Se trata de 35 webs de administraciones públicas, 15 de empresas y 43 entidades sin ánimo de lucro. La siguiente fase arranca el 15 de septiembre y dará paso a la apertura total del dominio.

La Asociación puntoGAL ha presentado las webs que han sido seleccionadas en su Programa Pioneiros, entre las que se encuentran las 93 primeras direcciones que se activarán con el dominio ".gal" a partir del 25 de julio y que han sido seleccionadas entre un total de 134 solicitudes recibidas. Según ha informado la nueva directora xeral de la asociación, Edita de Lorenzo, en el Museo do Pobo Galego, de las 93 candidaturas seleccionadas, 35 son administraciones públicas, 15 empresas y 43 entidades sin ánimo de lucro, mientras que el total de las recibidas incluían 39 de administraciones públicas, 32 de empresas y 63 asociaciones.

Algunas de estas 93 direcciones seleccionadas pertenecen a entidades como la Xunta de Galicia, la Real Academia Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística, la Axencia Tributaria de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, partidos como el BNG, PPdeG y PSdeG; el Valedor do Pobo, Gadisa Retail S.L.U., o las tres universidades gallegas, entre otros. Con respecto a la selección, De Lorenzo ha afirmado que "no siempre ha sido fácil", pero que intentaron que fuese lo más representativo posible de la comunidad gallega. Sobre todo, ha recalcado la dificultad de la elección "en tan pocos días", puesto que tienen la intención de que todo el mundo pueda hacer público el dominio a partir del 25 de julio.

De estas 93 direcciones, ha aclarado el "caso especial" de seis de ellas, que son 'r.gal', 'cultur.gal', 'xunta.gal', 'crtvg.gal', 'ccoo.gal' y 'socialistas.gal'. Estos dominios, según ha informado, "no podrán salir tan rápido" como los demás. El motivo es que estos dominios se encuentran en una lista de la Corporación de Internet para la Asignación de Nombres y Números (Icann) compuesta por "códigos alfanuméricos raros" que necesitan salvaguardas especiales para evitar confusiones entre el Internet y las intranets. Por tanto, entrarán en funcionamiento cuando la Icann determine el procedimiento para activarlos.

La recientemente nombrada directora xeral de esta entidad ha informado también de las siguientes fases del lanzamiento de este proyecto. La siguiente fase dará comienzo el 15 de septiembre, en la que se hará una "petición de dominios de todo el mundo que lo quiera pedir con la reserva de nombres para las entidades declaradas como marca". Esta fase durará dos meses, por lo que De Lorenzo ha augurado que espera que en a primeros de diciembre puedan darle "la apertura total para que cualquiera pueda pedir un dominio de forma abierta" así como "sin ningún tipo de restricción".

El presidente de la Asociación puntoGAL, Manuel González González, ha apuntado que los participantes de este programa son "pioneros de algo tan importante como que en este medio revolucionario que condiciona nuestras vidas, Galicia tenga un carné de identidad". "Son pioneros comprometidos voluntariamente, leales a Galicia y que en muchos casos han tenido que hacer un gran esfuerzo económico", ha asegurado González, a lo que ha añadido que desde la asociación esperan "que se vea pronto recompensado de alguna manera". Asimismo, ha declarado estar "satisfecho con la gran acogida de este programa", y ha agradecido tanto a los seleccionados por la asociación como a los solicitantes a los que no se le pudo conceder el dominio por existir un número limitado de concesiones.

Manuel González ha explicado que "en estos últimos tiempos", la Asociación puntoGAL había visitado partidos políticos, organizaciones y asociaciones que desde su perspectiva "deberían ocupar un lugar destacado en esta primera fase de lanzamiento del dominio". "En todas las partes hemos tenido una acogida extraordinariamente positiva", ha manifestado el presidente de la entidad. Además, ha recalcado la declaración por unanimidad de apoyo al '.gal' realizada por el Parlamento de Galicia, algo que según ha asegurado, se debe a que todas las fuerzas políticas "son conscientes del significado y la trascendencia que este paso tiene" para la sociedad y lengua gallega.

Nota de prensa remitida por la Asociación PuntoGAL:

NoticiaA Asociación puntoGAL presentou os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que figuran na lista anexa serán as primeiras en poder activar un enderezo co .gal a partir do día 25 de xullo.

O número de solicitudes presentadas ao programa Pioneiros,134, superou ampliamente as prazas dispoñíbeis. A Asociación seleccionou aos 93 pioneiros segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estean representados. Das candidaturas recibidas, 39 foron administracións públicas, 32 empresas e 63 para asociacións.

Seleccionáronse 93 coa seguinte distribución: 35 para administracións públicas, 15 para empresas e 43 para entidades sen ánimo de lucro. A Asociación quere agradecer o interese de todos os candidatos que, coa súa proposta, demostraron o compromiso que existe en todos os sectores da sociedade para que Galicia teña un identificador de seu na Rede. Os nomes pioneiros poderán activarse dende o vindeiro venres, data elixida por puntoGAL pola súa especial significación no país, unha vez resoltos os requisitos da posta en marcha para cada un deles, indicados na convocatoria.

O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González, detallou as vantaxes económicas, técnicas e simbólicas que aportará ao país dispor dun identificador de máximo nivel. González salientou no seu discurso que “os participantes neste programa son pioneiros de algo tan importante como que neste medio revolucionario que condiciona as nosas vidas Galicia teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade”.

González tamén lembrou que dende o 1 de xuño puntoGAL mantivo numerosas reunións con empresas, administracións e asociacións para explicarlles a importancia do .gal e animalos a participar nos pioneiros. Grazas a esta labor logrouse, por exemplo, que o Parlamento de Galicia aprobase por unanimidade unha resolución de apoio ao dominio na que a Cámara pide expícitamente a todas as institucións que se sumen ao .gal . Ademais, a directiva de .gal mantivo encontros con, entre outros, o Valedor do Pobo, a Real Academia Galega todas as forzas políticas do hemiciclo, medios de comunicación, a Mesa pola Normalización ou a Asociación ProLíngua.

O acto no Museo do Pobo serviu tamén para que puntoGAL anunciase o nomeamento da súa primeira directora xeral. Nunha recente xuntanza da dirección do organismo na que, entre outras cuestións, se aprobou o regulamento de funcionamento do mesmo, acordouse por unaminidade nomear para este posto a Edita de Lorenzo. Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSE) na Universidade de Vigo, De Lorenzo é profesora titular do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións dende 1998. Esta ourensana, enxeñeira de Telecomunicación e doutora pola Universidade de Vigo, forma parte da directiva de Coditel (Conferencia de Directores de Enxeñería de Telecomunicación), do Coetg/Aetg (Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacion de Galicia) e é vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011. Foi cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), capítulo do IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineering).

A nova directora xeral destacou o apoio económico realizado polos pioneiros, pois a súa aportación é a única fonte de ingresos actual de puntoGAL. O obxectivo da Asociación é que o .gal se autofinancie e reinvista os posíbeis beneficios na sociedade galega. A doutora de Lorenzo deu as grazas a todos os que contribuíron ao lanzamento do novo identificador, especialmente aos que farán visible o dominio activándoo a partir do 25 de xullo.

A directora xeral tamén sinalou que dos 93 pioneiros seleccionados, 6 están incluídos nunha lista da ICANN (o organismo que goberna as direccións da Internet) de millóns de enderezos de todos os novos dominios que non se poderán activar agora.É dicir; r.gal, cultur.gal, xunta.gal, crtvg.gal, ccoo.gal e socialistas.gal están xa rexistrados a nome desas organizacións; pero técnicamente non poderán entrar en funcionamento o 25 de xullo, como si poderán o resto de pioneiros. O motivo é que ICANN estableceu que 9,8 millóns de enderezos de novos dominios necesitan salvaguardas especiais para evitar confusións entre a Internet e as intranets. Esta lista -chamada por ICANN 'confusión de nomes' ou 'name collision' - afecta a todos os novos identificadores, non só ao .gal. Estes nomes entrarán en funcionamento en canto a ICANN determine o procedemento para activalos.

Edita de Lorenzo tamén explicou as seguintes fases do lanzamento. Completados os Pioneiros, a seguinte fase, bautizada como Abrente, comezará en setembro, durará até novembro e busca protexer dominios de interese público. No Abrente as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio actual. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas, marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN (o organismo que goberna os enderezos da Internet), etc. Cómpre lembrar que unha das finalidades do puntoGAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima aos galegos.

Paralelamente ao Abrente, haberá unha Carreira para o público en xeral para os enderezos que non teñan dereitos preferentes. Durante a Carreira poderase poxar por enderezos especialmente atractivos.

E finalmente, en decembro, chegará a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións, como sucede como calquera dos dominos que levan tempo na Rede.

As características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal con suficiente antelación. Ademais, a través desta páxina indicarase a fórmula para consultar e solventar dúbidas.

Os motivos para organizar o lanzamento en diferentes fases -como fan todos os novos dominios- son: garantir a estabilidade técnica do .gal, cumprir as normas establecidas por ICANN e asegurar un lanzamento ordenado, que protexa os dereitos públicos e privados.

Dominio.gal tamén explica que páxinas webs poderán mostrarse cun .gal . O rexistro será libre e os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña específicamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento. Así o obriga a candidatura do .gal aprobada por ICANN.

A Asociación puntoGAL está formada por 114 organizacións de todos os sectores sociais; incluídas as principais institucións culturais do país, as tres universidades, medios de comunicación, empresas de tecnoloxía, centros de galegos no exterior e ducias de asociacións culturais de base. Durante os seus sete anos de traballo continuado gañouse o apoio de máis de 12.000 persoas, apoio que foi fundamental para que ICANN aprobase a candidatura en 2013 e delegase o dominio esta primavera.

A todas estas persoas e institucións, puntoGAL quere dar as grazas unha vez máis. Dende este 25 de xullo, o domino é, máis ca nunca, voso.

R., 2014-07-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (bosque-03.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.
Foto de la tercera plana (salto-cuantico.jpg) O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.

Notas

Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.
A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES