Noticias

El Rally Ourense-Ourense Termal posiciona la provincia como capital del automovilismo y el termalismo

La Escudería Ourense mantiene el Rally de Ourense-Ourense Termal entre las principales carreras de asfalto a nivel nacional, y contribuye a promocionar la ciudad y la provincia de Ourense fuera de Galicia desde que en 2008 se incorpora la propaganda termal.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, felicitou á escudería Ourense por ser quen de manter o Rallye de Ourense-Ourense Termal entre as principais carreiras de asfalto a nivel nacional e pola súa contribución á promoción da cidade e da provincia de Ourense fóra de Galicia.

Para Lete Lasa, o nome Ourense Termal que acompaña á proba desde o ano 2008 “é unha intelixente maneira de aproveitar a capacidade deste Rallye para difundir a imaxe de Ourense no exterior e promover os seus grandes atractivos, como dobre capital do automobilismo e do termalismo”, sinalou durante o acto de presentación celebrado hoxe na Estación Termal das Burgas, no casco histórico da cidade.

Ademais de agradecer o apoio a esta proba por parte das federacións española e galega de automobilismo, a Deputación de Ourense e os diversos concellos implicados, o titular de Deportes da Xunta quixo recoñecer o labor de todas as institucións e empresas implicadas no desenvolvemento do termalismo como eixo dinamizador de Ourense e animou a “seguir unindo o deporte ourensán coa riqueza das augas mineromedicinais desta terra, o seu rico pasado romano e as súas vinculacións co Camiño de Santiago, recursos todos eles que aumentan aínda máis a beleza paisaxística e o atractivo de Ourense, tanto para o turismo deportivo e de aventura, como para o turismo de saúde, cultural e de natureza”

O Rallye Ourense-Ourense Termal

O Rallye Ourense-Ourense Termal forma parte do Campionato de España de Rallyes de Asfalto e é a segunda das tres probas nacionais que se celebrará en Galicia, logo da que comeza mañá en Vigo –Rallye Rías Baixas- e da que terá lugar en Ferrol no mes de agosto.

Consta de 12 tramos cronometrados que suman unha distancia total de 200,88 quilómetros, sendo a distancia total do percorrido de 482,67 quilómetros.

Este ano, a cerimonia de saída substitúese por un tramo espectáculo de 1,87 quilómetros de lonxitude, en superficie de asfalto, que se disputará ás 20.35 h do venres día 13 na Cidade do Transporte, no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense.

A carreira permite puntuar ademais para os seguintes trofeos: Copa Suzuki Swift 2014, Copa Mitsubishi Evo Cup Asfalto 2014, Copa Renault 2RM, e Dacia Sandero Rallye Cup RFEDA 2014.

R., 2014-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (bosque-03.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.
Foto de la tercera plana (salto-cuantico.jpg) O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.

Notas

Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.
A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES