Noticias

Se entregan los Premios María Casares en el Día Mundial del Teatro

El Teatro Rosalía de Castro de A Coruña acoge la entrega de los Premios de Teatro María Casares coincidiendo con el Día Mundial del Teatro. Agadic apoya la entrega de estos galardones en una gala que reúne a profesionales de la escena gallega en tiempos difíciles.

Nota de prensa remitida por Alberto Ramos (Prensa Premios María Casares):

Os XVII Premios María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolleu unha cerimonia de entrega na que un total de 17 producións teatrais competían nas trece categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala, que se retransmite en diferido pola Televisión de Galicia acudiron máis de 550 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron ao espectáculo ideado pola compañía BaCaNa, cuxos actores Marcos Orsi e Xúlio Abonjo se encargaron de dirixir e conducir a cerimonia ataviados como os seus coñecidos personaxes Ratman e Bobyn, dous superheroes procedentes das cloacas que loitaron nesta noite contra un gran “supervilán”.

Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares de Teatro deste ano. RESULTADOS:

-A produción Nuncabunga, de Elefante Elegante, levou o premio ao mellor espectáculo.
-Tokio 3, de Voadora, conseguiu cinco galardóns: Mellor vestiario (Uxía P. Vaello), mellor iluminación (Baltasar Patiño), mellor música orixinal (Hugo Torres e José Díaz), mellor escenografía (Marta Pazos) e mellor dirección (Marta Pazos)
-Viaxe a ningunha parte, de Sarabela teatro, levou tres premios: mellor adaptación-tradución ( Ánxeles Cuña), mellor maquillaxe (Raquel Fidalgo), mellor vestiario Suso Montero (compartido con Tokio3)
-Pequenos actos pseudorrevolucionarios, levou dous premios: mellor texto) orixinal (Santiago Cortegoso) e mellor actriz (Marián Bañobre)
-Galicia Canibal, de Filmanova Invest, un premio: mellor actor secundario (Víctor Mosqueira)
-Kafka e a boneca viaxeira, de Eme2, 1 premio: mellor actor (Xosé Manuel Olveira Pico)
-A función do Tequila, de Teatro do Morcego, mellor actriz secundaria: Luisa Merelas.

O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Toño Casais, foi o encargado de dar á benvida a todos os asistentes a unha gala que, partindo do humor, tamén quixo reflexionar ao redor da situación cultural e social que atravesamos nestes momentos. Neste sentido, Toño Casais lembrou que o ano 2012 fora “moi duro para a profesión”, polo aumento dos “recortes nas axudas á produción e á distribución” , polos “atrasos nos pagamentos” e cunha moi notoria caída no número de funcións. “E cando pensabamos que todo o malo podería ter pasado xa, atopámonos cun 2013 absolutamente desastroso”, lamentou Casais, quen tamén subliñou o “paradoxal” que resultaba que este difícil 2013 sexa o ano no que as Letras Galegas están dedicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Un 2013 que, segundo Casais, estivo marcado pola parálise da Rede de Auditorios e de Teatro e polo tempo que a Agadic estivo sen dirección. O presidente tamén lembrou que a cultura “é un dereito” recollido no artigo 44 da Constitución e que “os poderes públicos han de poñela ao alcance de todos e todas”. No seu discurso, o presidente da AAAG explicou que dende 2010 “estamos asistindo a un desmantelamento absoluto das Artes Escénicas” e quixo aclarar que “unha cousa é apertarse o cinto e outra ben distinta é poñer unha soga ao pescozo”.

Casais tamén fixo un chamamento de unidade, xa que “entre todos podemos sacar adiante a situación”. “Pero antes teñen que deixar de vernos coma un problemal. Non o somos. En realidade, somos parte da solución”, apuntou Toño Casais ante as autoridades e antes de dar paso aos superheroes que presentaron a gala: Ratman e Bobyn, interpretados por Marcos Orsi e Xúlio Abonjo.

O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, foi o encargado de ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. A xunta directiva da AAAG decidiu elixir a Cesáreo Sánchez “como compañeiro de viaxe nun momento en que o papel que xoga a lingua resulta fundamental”.

“Se facemos memoria dos últimos corenta anos, a biografía do teatro galego é a biografía da cultura galega. No devir do teatro galego está insculpida a biografía deste pobo de noso”, explica Cesáreo Sánchez no seu manifesto. No documento, Cesáreo Sánchez tamén destaca que “o teatro fainos seres libres”.

Durante a gala, ademais, Pilar Pereira recolleu o Premio de Honra Marisa Soto. Deste xeito, o gremio escénico recoñeceu a súa longa e frutífera traxectoria artística que comezou hai xa máis de sesenta anos. Ao longo da súa carreira, a intérprete subiu aos escenarios de Galicia, España, Bélxica, Francia ou América Latina.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asiste en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria á cerimonia de entrega dos XVII Premios de Teatro María Casares, que se desenvolve no Día Mundial do Teatro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Coa asistencia a esta gala, o director da Agadic expresa o seu apoio ao importante papel destes galardóns como expresión do recoñecemento público ao traballo realizado polos profesionais do teatro galego durante o último ano, ademais de como plataforma desde a que impulsar a proxección social do conxunto do sector escénico. A Axencia é unha das entidades patrocinadoras do evento, que conta ademais coa asistencia loxística e técnica do Centro Dramático Galego (CDG).

Unha ampla representación da profesión teatral darase cita nesta entrega de premios, na que Jacobo Sutil estará acompañado de Carmen Hervada, concelleira adscrita á Alcaldía da Coruña; Roberto Luis Coira, concelleiro de Economía e Facenda; Ana María Fernández, concelleira de Cultura; e Toño Casais e Casilda Alfaro, presidente e vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entre outras personalidades. Por parte da Agadic, asistirán tamén Manuel Guede Oliva, director do CDG, e Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego.

Os actores de BaCaNa Marcos Orsi e Xúlio Abonjo son os encargados de dirixir e conducir a gala, para o que se transformarán en Ratman e Bobyn, os dous superheroes creados pola súa propia compañía. A dirección artística corre a cargo de Suso Montero e a Marta Horjales correspóndelle a produción executiva e coordinación xeral dos premios.

Fanse entrega dos XVII Premios María Casares nas súas 13 categorías, ás que concorren 17 espectáculos do total de 28 que presentaron candidaturas. Dous dos momentos centrais da noite serán a entrega do Premio de Honra Marisa Soto á actriz Pilar Pereira e a lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro a cargo de Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Os María Casares recoñecen o traballo dos profesionais do teatro nos distintos ámbitos de creación e produción en espectáculos en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012. Cun total de 10 finalistas, Viaxe a ningunha parte, de Sarabela Teatro, sitúase á cabeza das montaxes candidatas canto a número de nomeamentos, xunto ao espectáculo Tokio 3, de Voadora, que aspira a nove galardóns.

A gala será retransmitida en diferido pola Televisión de Galicia e, este ano, terá presenza en directo en Twitter a través do perfil que a Asociación de Actores e Actrices está a poñer en funcionamento para seguir ampliando a súa comunicación a través da rede, que será @TuitsdaAAAG. Durante a súa celebración promoverase, asemade, o hastag #oscasares.

Fotografía: Alberto Ramos

R., 2013-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES