Noticias

La vida y la obra del músico gallego Faustino Santalices protagoniza una exposición en el Museo Etnológico de Ribadavia

Artesano, intérprete e investigador de la música folclórica y popular gallega, a través de instrumentos tradicionales como la zanfona o la gaita, Faustino Santalices se muestra en esta exposición como un consolidado musicólogo y se reconoce su importancia en el patrimonio cultural gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Museo Etnolóxico de Ribadavia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, acolle a exposición Faustino Santalices. Tradición musical galega. A mostra recolle a vida e obra do investigador, artesán e intérprete ourensán a través de diversos paneis explicativos, documentos, arquivos sonoros e unha serie de instrumentos musicais galegos como zanfonas ou gaitas.

A exposición, comisariada por Cástor Castro Vicente e Félix Castro Vicente, busca homenaxear a figura de Faustino Santalices e atribuírlle o lugar que lle corresponde no patrimonio cultural de Galicia. Santalices foi un dos grandes estudosos da música galega e recompilou o repertorio dos vellos gaiteiros e as cantigas tradicionais, ademais de ser o máximo coñecedor da historia e a técnica da gaita e da zanfona no seu tempo.

Así mesmo, é considerado o primeiro construtor científico da gaita, recuperador da zanfona e fundador da primeira Escola-Taller de instrumentos tradicionais de Galicia. Como intérprete, foi un gaiteiro de renome e éxito en toda a xeografía española. Santalices destacou tamén como o único zanfonista da península durante boa parte do século XX, encarnando o antigo espírito da xograría.

Faustino Santalices Pérez. Apuntes biográficosNaceu en Bande (Ourense) o 16 de novembro de 1877. Cursou a carreira de Dereito en Santiago de Compostela, licenciándose en 1901; entre os seus compañeiros universitarios estiveron grandes escritores e intelectuais galegos como Jaime Solá e Ramón Cabanillas.

En 1903 aproba as oposicións e entra no Ministerio de Gobernación con sucesivos destinos en Cuenca, Soria e Madrid. En 1914 retorna a Ourense, onde permaneceu durante 25 anos, residindo na rúa San Pedro e na Praza do Ferro. Casa con Rosa Muñiz Casademunt en Ribadavia en 1918, e ten tres fillos. En 1924 é nomeado Secretario de Gobernación. Intervén activamente na vida cultural ourensá en tertulias, festivais e homenaxes. Fai amizade con Otero Pedrayo, Vicente Risco e Castelao, entre outros. Colabora cos coros De Ruada e Os Enxebres, e grava discos de gaita e zanfona para a compañía Regal no ano 1929.

En 1936 é trasladado por motivos políticos a Pontevedra e, meses despois, a Burgos. Volta a Ourense no 1938, pero ao rematar a guerra é destinado a Barcelona, pide o traslado a Valladolid e logo marcha a Madrid en 1944, cidade na que residiu ata o seu pasamento. Naqueles anos en Madrid, participa nas tertulias galegas do Café Zahara e do Café Lyon D’Or, con Castroviejo, Ben-Cho-Sey, Antonio Palacios, Ramón Cabanillas e outros; forma parte da Peña Gallega, colabora nas actividades do Centro Gallego de Madrid e inicia amizade con Menéndez Pidal, Castro Gil, Orson Welles e outros intelectuais da capital.

En 1947 xubílase, é nomeado administrador do Instituto Oftálmico Nacional, e desde entón dedícase con intensidade a traballar en prol da música galega. En 1952 funda a Escola-Taller de Gaitas e Zanfonas da Deputación de Lugo, que dirixe ata o final da súa vida, o 6 de decembro de 1960, á idade de 83 anos.

R., 2010-06-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES