
La dirigente autonómica ensalzó, así, el papel de las mariscadoras, de las que dijo que "dan la imagen distintiva de las rías" de la Comunidad gallega. Quintana recordó las palabras de la comisaria europea de Pesca en su visita a Galicia, cuando se refirió al establecimiento de una red "azul" -por el color del mar- de empleo femenino para toda Europa. En este sentido, la conselleira reconoció a las ostreiras de Arcade, a las que definió como "las mejores embajadoras" de este marisco y de las que resaltó que "abren Arcade al mundo".
En su intervención, señaló que la festividad gastronómica de esta localidad "concuerda con el espíritu" de la consellería que busca potenciar el consumo de los productos pesqueros. Asimismo, felicitó el trabajo realizado en la organización y se mostró "muy satisfecha" de estar en la tierra del ex presidente de la Federación de Cofradías de Pescadores de Pontevedra, Manuel Pazos Vázquez, "poniendo de relieve uno de los productos por el que él trabajo en estos años".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A conselleira do Mar, Rosa Quintana destacou durante a lectura do pregón da Festa da ostra de Arcade, en Soutomaior, a importancia do rol feminino na promoción da actividade pesqueira en Galicia. A titular de Mar, enxalzou o papel das mariscadoras das que dixo que dan a imaxe distintiva das nosas rías.
Rosa Quintana lembrou as palabras da comisaria europea de Pesca na súa visita a Galicia no referente ao establecemento dunha rede azul -en referencia a cor do mar- de emprego feminino para toda Europa. Neste sentido dedicou un recoñecemento ás ostreiras de Arcade, a quenes definiu como as mellores embaixadoras deste marisco, que abren Arcade ao mundo.
No seu discurso, a conselleira engadiu que a festa da ostra de Arcade concorda co espírito que a Consellería do Mar ten de potenciar o consumo dos produtos pesqueiros, os seus usos culinarios e a integración da cadea mar-comercialziación entre o sector, a hostelería e a administración. Ademais a responsable de Mar, felicitou o traballo realizado na organización desta festa e amosouse satisfeita de estar na terra do ex presidente da Federación de Cofradías de Pescadores de Pontevedra, Manuel Pazos Vázquez, Rabado, poñendo de relevo un dos produtos polo que el traballou nestes anos.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.