
Nota de prensa remitida por Festa do Queixo de Arzúa:
Na Capela da Madalena de Arzúa tivo lugar a elección dos gañadores do CONCURSO DE CARTEIS ANUNCIADORES da 35 Festa do Queixo Arzúa 2010.
O xurado estivo composto por cinco membros: Juan Carlos Vázquez Otero, profesor de música e pintor; Xosé Luis García López, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e presidente da Asociación da Festa do Queixo; Oscar Villanueva Otero, profesor de debuxo no IES de Arzúa; Magdalena Carreira, mestra de primaria do CEIP de Arzúa e Ramón Roldán, consultor de comunicación, todos eles cualificados e designados pola Asociación Festa do Queixo.
Un ano máis, as pezas chegaron desde os distintos puntos do país. Ademais destaca o aumento de propostas recibidas, 41 en total, que supón un récord con respecto a edicións anteriores. Tamén son diversas as técnicas empregadas este ano na elaboración dos carteis: oleo, deseño gráfico, fotografía, ou ceras.
Logo das valoracións e deliberacións oportunas, o xurado emitiu o seu fallo concedendo o primeiro premio ao cartel nº 2 titulado Imaxina. O autor, Daniel Camino Barral, gañador do ano pasado, volve gañar o primeiro premio e a súa obra será de novo o cartel anunciador da 35 edición da Festa do Queixo de Arzúa 2010.
O xurado valorou a creatividade e a orixinalidade deste cartel, que consigue unha magnífica composición de gran impacto visual. O autor conxuga a fotografía, na que destaca un especial traballo de iluminación, coa tipografía para acadar o resultado final deste orixinal cartel. Segundo Daniel Camino, os bonecos que sosteñen o queixo representan ás diferentes persoas que de algunha maneira traballan e apoian o queixo de Arzúa.
Todos os carteis formarán parte dunha exposición itinerante que se amosará nas distintas parroquias de Arzúa. Durante os días de celebración da Festa do Queixo, a dita exposición volverá ao centro da Vila para que todos os visitantes poidan apreciar a creatividade dos participantes desta edición do concurso.
O acto de entrega de premios incluirase no Programa Oficial de Actos da 35 Festa do Queixo.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.