Noticias

Sector de la automoción: la Xunta anuncia un plan re-movete industrial financiado con 60 millones

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ha anunciado en Vigo que el Gobierno gallego abordará un Plan Re-Movete Industrial dirigido al sector del automóvil, y que contará con una dotación de 60 millones de euros. Este plan está dirigido a reforzar al sector de la automoción, y primará las ayudas a la empresas en materia de I+D+i y en nuevas infraestructuras. Núñez Feijoo realizó el anuncio durante una visita a las instalaciones del Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA).

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ha anunciado en Vigo que el Gobierno gallego abordará un Plan Re-Movete Industrial dirigido al sector del automóvil, y que contará con una dotación de 60 millones de euros. Este plan está dirigido a reforzar al sector de la automoción, y primará las ayudas a la empresas en materia de I+D+i y en nuevas infraestructuras.

Núñez Feijoo realizó el anuncio durante una visita a las instalaciones del Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), en la que estuvo acompañado por el conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. En una comparecencia ante los medios, en la que también estuvo presente Francisco Anguera, presidente de CEAGA, el titular de la Xunta señaló que el objetivo de su Gobierno es el de potenciar a un sector clave para la economía gallega como es el de la automoción. En ese sentido recordó que las empresa del sector automovilístico de Galicia alcanzan una facturación en torno a los 8.000 millones, representan el 14 por ciento del Producto Interior Bruto y dan empleo a 30.000 personas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia renovou o compromiso do Goberno galego co sector do automóbil e presentou o Plan Re-Móvete Industrial dotado con 60 millóns de euros para financiar novos investimentos, o capital circulante asociado a eses novos investimentos e iniciativas de innovación no sector, sexan ou non pemes.

Segundo o mandatario galego, que esta mañá se reuniu coa xunta directiva do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, estas axudas permitirán que o sector non se estanque a pesar da crise senón que poda seguir mellorando, evolucionando e funcionando. “Poñemos en marcha unha das principais medidas contra a crise económica e renovamos o compromiso cun sector clave na economía de Galicia que engloba a máis de 80 empresas, emprega a máis de 30.000 persoas e factura por riba dos 8.400 millóns de euros; un sector que segue sendo extraordinariamente competitivo en toda Europa e por suposto, tamén en España, xa que de cada 100 vehículos que se fan a nivel nacional, 17 se fan en Galicia”.

Os préstamos poderán financiar a adquisición de bens que conforman investimentos de capital, sempre que teñan unha natureza permanente e duradeira; os investimentos en novas infraestruturas e equipos técnicos para a formación; as instalacións de laboratorios para a investigación; os incrementos de capital circulante necesarios para incrementar a actividade produtiva asociada aos investimentos financiados; e intanxibles como a compra ou o desenvolvemento de software.

E, ademais, en proxectos de investimento en investigación e promoción da sociedade da información consideraranse financiables os custos de adquisición de licencias de software e royalties asociados con patentes necesarias para o funcionamento do proxecto; os salarios brutos de persoal directamente asociados coa actividade de I+D; os custos de protección dos deseños e licencias que xere o proxecto.

Ao abeiro desta nova liña serán financiables investimentos comprendidos entre 40.000 e 25 millóns de euros. Os préstamos terán un prazo de amortización mínimo de 30 meses que non poderá superar os 12 anos e o tipo de xuro a aplicar a estas operacións será o euribor máis un diferencial que na actualidade é do 0,50%.

Logo de explicar as características do novo Plan, Feijóo lembrou que o apoio ao sector da automoción é unha das prioridades do Goberno da Xunta, como así o demostra o apoio ao desenvolvemento do Plan estratéxico da automoción de Galicia (PESA), “para impulsar a excelencia e a competitividade sectorial á vista dos retos derivados da globalización”; e a posta en marcha do Plan Re-Móvete, que supuxo un incremento de facturación, “neste momento –dixo- están matriculados máis de 20.000 vehículos que tiveron axuda directa e iso supuxo unha facturación de 330 millóns de euros a través deste plan”.

O presidente da Xunta asegurou que co Plan Re-Móvete Industrial se trata de acelerar e aumentar o apoio financeiro ao sector e de suplir un problema que o sector atopou na decisión do Goberno central de distribuír as axudas para o sector da automoción. Neste senso, recordou que o sector da industria de compoñentes de automóbil de Galicia solicitou 80 millóns de euros para proxectos de investimento, “pero o Goberno central tan so aceptou 17 millóns e, hoxe, a Xunta suple con 60 millóns as necesidades obxectivas de investigación, de investimentos do clúster”.

Feijóo afirmou que “estamos nunhas condicións inigualables desde o punto de vista da consecución do financiamento necesario para manter a innovación e para manter o liderado das industrias de compoñentes do automóbil galegas para internacionalizar esas industrias e, sobre todo, que a crise non estea desacelerando o futuro do sector do automóbil, en Galicia. A clave –matizou- é saír do momento de finalización da recesión económica, nunha posición mellor que cando empezou a crise económica en España e en Galicia”.

R., 2009-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (portico_de_la_gloria.jpg) Ante la visita del Papa Benedicto XVI a Santiago de Compostela el 6 de noviembre, el Arzobispado de Santiago, el Cabildo de la Catedral y la Fundación Pedro Barrié de la Maza acordaron, en una reunión con la Dirección Técnica del Programa Catedral, la retirada de varios tramos del andamio instalado en el Pórtico de la Gloria. Una retirada que se hará de forma planificada y parcial a partir de julio.
Foto de la tercera plana (celda_211_2.jpg) Celda 211, de Vaca Films, Telecinco y Morena Films, es la más nominada para los VIII Premios Mestre Mateo, en los que se alzó con 15 candidaturas entre las que opta a la mejor película, mejor actor protagonista y mejor dirección. Al premio al mejor largometraje aspiran, también, los filmes gallegos Agallas, Un bo home y Gordos.

Notas

O Centro Multimedia de Galicia (CMG) acolle a presentación da Guía Webs de Galicia editada por Interdix Galicia en colaboración coa Xunta. Publicada a toda cor, esta guía recolle en galego información sobre 4.800 webs galegas que tamén figuran no portal www.websgalicia.info, de Galiciadigital.com.
Especialmente enfocada cara o rural, a campaña divulgativa da Xunta de Galicia sobre a TDT e o Plan de Banda Larga percorre diversas localidades galegas para aproximar as tecnoloxías da comunicación aos cidadáns.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Coma as meniñas doutrora : Foi Pondal, o bardo, o que provocou ás meniñas coruñesas “de amable despexo”...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información