Noticias

Jóvenes gallegos de toda Europa se reunirán en Frankfurt en el I Congreso da Xuventude Galega Residente en Países Europeos

Entre el 3 y el 4 de octubre la ciudad alemana de Frankfurt acoge el I Congreso da Xuventude Galega Residente en Países Europeos que busca dar respuesta a las demandas de los jóvenes y fomentar su participación en los movimientos asociativos gallegos. Participan jóvenes de los centros gallegos de Alemania, Bélgica, Francia, Holanda, Portugal, Reino Unido, Suiza y Andorra.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia:

Os días 3, 4 e 5 de outubro representantes da mocidade galega que reside en países europeos darase cita na cidade alemá de Frankfurt para participar no I Congreso da Xuventude Galega Residente en Países Europeos que organiza a Secretaría Xeral de Emigración en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia.

Ao redor duns 80 mozos e mozas acudirán a este congreso en representación da mocidade galega que aglutinan os centros galegos de Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Portugal, Reino Unido, Suíza e Andorra. Durante tres días os asistentes terán tempo para debater sobre as estratexias a seguir de cara a reforzar a súa participación nos temas de interese para Galicia en materia de xuventude e participar nas diferentes charlas-coloquio que se desenvolverán dentro do marco do congreso.

Así, o venres, despois do acto inaugural no que participarán o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, e a Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, Mª Dolores Rodríguez Amoroso, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, falará sobre a situación do sector audiovisual en Galicia. Posteriormente proxectarase a película galega Pradolongo, do director Ignacio Vilar, que recentemente foi galardoada co “IV Premio Ciudad de San Sebastián Film Comission” en recoñecemento ao interesante reflexo dos valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais de Galicia, onde foi rodada a película. Trala proxección terá lugar un coloquio no que participarán tanto o director como algúns dos actores do filme.

O sábado pola mañá o Director Xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca Díaz, e o Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez Vázquez, abrirán a quenda de charlas-coloquio programadas para a xornada falando sobre formación e emprego en Galicia, á que lle seguirá o coloquio “asociacionismo e participación” coa participación do Subdirector Xeral de Centros e Comunidades Galegas, Carlos Sixirei Paredes e a Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, María Dolores Rodríguez Amoroso. Xa pola tarde formaranse os grupos de traballo que debaterán sobre as liñas de actuación que se deben seguir para fortalecer a súa participación nos movementos asociativos da xuventude galega e pola noite será o momento para gozar da música dos grupos Mafia Gallega, Gran Purismo e Ialma que están formados por fillos de emigrantes.

O domingo, tralo encontro cos integrantes destes grupos presentaranse as conclusións do congreso, que será clausurado polo Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, e a Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, Mª Dolores Rodríguez Amoroso.

A celebración deste congreso é a culminación dun traballo que comezaba xa no pasado mes de abril cando se reunía en París un grupo de mozas e mozos galegos residentes fora de Galicia para tentar de comezar a sentar as bases para o aproveitamento recíproco entre a sociedade galega e a xuventude galega no exterior.

O encontro “é un importante espazo para estimular a participación dos mozos e mozas galegas que residen fora de Galicia na toma das decisións que lles afectan de forma directa e por extensión ao futuro de toda Galicia” segundo apunta o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez. Para o máximo responsable de emigración da Xunta de Galicia “se a xuventude é o maior activo co que pode contar calquera país, a mocidade galega ten ademais un valor engadido que lle confire a súa importante presenza en tantos países do mundo, polo que as posibilidades recíprocas entre Galicia e a nosa xuventude do exterior son innumerables”.

Datos do CERA a 1 de agosto de 2008 con respecto aos galegos residentes nos países de procedencia dos mozos e mozas participantes no congreso:

Alemaña: 13.148
Bélxica: 2.086
Francia: 15.942
Holanda: 2.421
Portugal: 2.862
Reino Unido: 10.043
Suíza: 29.018
Andorra: 2.405

R., 2008-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (francisco_jorquera.jpg) La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
Foto de la tercera plana (isaac_diaz_pardo_ok.jpg) La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.

Notas

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Teatro Principal de Compostela a curtametraxe interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa "Conversa cunha muller morta". Aborda o drama da violencia de xénero desde unha visión máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social.
Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Eleccións: Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania