Noticias

El Cluster Audiovisual Galego lidera la plataforma I+dea para el desarrollo de proyectos interactivos

Empresas del sector audiovisual gallego, instituciones, centros tecnológicos y de investigación de Galicia participan en la nueva Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega I+dea que integra al grupo de trabajo de formatos y contenidos audiovisuales interactivos del Cluster.

Nota de prensa remitida por el Club Internacional de Prensa de la Xunta de Galicia:

A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega I+dea, liderada polo Cluster Audiovisual Galego e financiada pola Dirección Xeral de I+D+i, iniciou hoxe o plan de acción do grupo de traballo de ‘formatos e contidos audiovisuais interactivos’, cunha xuntanza celebrada no Clube Internacional de Prensa en Santiago. Forman parte deste grupo as empresas Adivina Producciones, Área 5.1 Factoría Audiovisual, CRTVG, Congo Producciones, Continental Producciones, Dyr Producciones, Filmanova, Galicia Media, Grupo Femxa, Imaxina, Interacción, Loroestudio, Voz Audiovisual, Netex, N-Video, O Raio Verde, Pórtico de Comunicaciones, Producciones Vigo, R e Tecnocom. Asemade, son membros do grupo distintos equipos de investigación das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo; e institucións como a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta; a Fundación TIC e a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, AGESTIC.

Este grupo de traballo foi creado no seo da Plataforma I+dea co obxectivo de identificar oportunidades tecnolóxicas e de negocio para a industria audiovisual galega que aproveiten as capacidades de innovación dos novos medios de comunicación dixital e desenvolver solucións globais de interactividade. Na súa primeira reunión, os integrantes determinaron as prioridades estratéxicas do grupo de traballo e os proxectos e liñas de actuación para os próximos meses.

A dinámica establecida por I+dea, a través de cinco grupos de traballo especializados, vai permitir ás empresas do sector audiovisual galego desenvolver proxectos consorciados no ámbito das novas tecnoloxías de comunicación audiovisual, facendo posible que a nosa industria participe en primeira liña e se beneficie das novas oportunidades de negocio que ofrecen os novos hábitos de lecer e de consumo multimedia que permiten as novas info-estruturas de comunicación.

O venres día 5 tivo lugar a primeira reunión do grupo de traballo de ‘virtual learning’ de I+dea, no que están integradas algunhas das máis relevantes institucións e empresas galegas vinculadas á difusión do coñecemento e á aprendizaxe interactiva a través das novas tecnoloxías multimedia. A reunión, que foi celebrada en Oleiros (A Coruña), serviu para determinar as prioridades estratéxicas, proxectos, liñas de actuación e metodoloxía deste grupo de traballo.

O grupo de virtual learning está formado polo Centro de Supercomputación de Galicia; Filmanova; o Grupo Femxa; IB Cinema; Netex; Tecnocom; os grupos de Investigación de Sistemas Intelixentes e de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela; e o Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos e o Laboratorio de Televisión Dixital Interactiva da Universidade de Vigo.

Este grupo de traballo foi creado dentro da Plataforma I+dea coa finalidade de avaliar a creación e adaptación de contidos e-learning no campo da Tv dixital interactiva (TDT, IPTV, TV móbil), así como de desenvolver tecnoloxías e modelos de xestión innovadores para a aprendizaxe virtual.

A estas reunións están invitados os representantes das plataformas tecnolóxicas das TIC, VINDEIRA, e do Produto Gráfico e Libro Galego, ao abeiro da colaboración impulsada por NEURONA (Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas).

R., 2008-09-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (francisco_jorquera.jpg) La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
Foto de la tercera plana (isaac_diaz_pardo_ok.jpg) La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.

Notas

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Teatro Principal de Compostela a curtametraxe interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa "Conversa cunha muller morta". Aborda o drama da violencia de xénero desde unha visión máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social.
Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Eleccións: Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania