Noticias

El Consello Consultivo aumenta un 13% su actividad, según la memoria anual de 2007. El Consello de Contas renueva su imagen

La presidenta del Consello Consultivo de Galicia, María Teresa Conde-Pumpido, presentó al presidente de la Xunta la Memoria de Actividades de 2007 en la que se refleja un incremento de la actividad de este órgano un 13%. Por su parte, el Consello de Contas cambia su imagen para darle más fuerza y hacerla acorde con la independencia del órgano.

El Consello de Contas de Galicia presentó su nuevo logotipo y su renovada imagen corporativa, ya que la anterior tenía "poca fuerza para identificar a la institución" y podía confundirse con otros organismos, lo que "no sería acorde con la independencia" del órgano fiscalizador de las cuentas públicas de Galicia.

El conselleiro maior de Contas, Antonio López, avanzó a los medios el nuevo logotipo, que representa cuatro ventanas azules formando la geografía gallega y pretende trasladar la "transparencia" del Consello de Contas. Antonio López explicó que el anterior símbolo, que era el escudo de Galicia, "era muy institucional" y semejante al de la Xunta, de tal forma que con el nuevo diseño el órgano queda perfectamente diferenciado y da una mayor imagen de independencia.

El conselleiro mayor presentó la nueva imagen tras firmar un acuerdo con la Fundación para la Formación e Investigación en Auditoría del Sector Público (Fiasep), que facilitará que los trabajadores de la entidad gallega se beneficien de las acciones formativas que lleva a cabo la fundación. Dentro del marco del convenio, también será posible que ambas entidades promuevan actividades conjuntas que redunden en la mejora de la actividad fiscalizadora de la institución, que a su vez pondrá a disposición de la Fiasep el bagaje científico de su personal, para que colabore voluntariamente en las actividades de la fundación.

El presidente de Fiasep, Alejandro Martínez, mostró su satisfacción por incorporar a la entidad al Consello de Contas y avanzó que están avanzadas las conversaciones para que también se una la Intervención Xeral de la Xunta, que ya se manifestó "a favor del proyecto". También el conselleiro maior de Contas se declaró "muy satisfecho" con el convenio de colaboración y, finalmente y a preguntas de los periodistas, avanzó que tienen previsto presentar a lo largo del presente mes de julio el Informe de fiscalización del sector público gallego correspondiente al año 2005.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recibiu en audiencia á presidenta do Consello Consultivo de Galicia, María Teresa Conde-Pumpido, quen lle entregou a Memoria de actividades deste órgano correspondente ao ano 2007.

Segundo lle transmitiu Conde-Pumpido ao presidente, o ano pasado o Consello Consultivo cursou 1.137 solicitudes de ditame, fronte as 1.001 do 2006 o que implica un crecemento do 13,5%. Un incremento que, segundo reflicte a propia memoria, obedece en boa medida ao aumento do número de proxectos normativos elaborados polo Goberno galego e que deben ser informados polo Consello Consultivo.

Así, das 1.137 solicitudes de ditame presentadas, case o 80% correspondéronse con peticións formuladas pola Administración autonómica, mentres 233 procederon da Administración local, un da universitaria e outro, da corporativa.

Tal e como recolle a Memoria, a maioría dos ditames corresponderon a reclamacións de responsabilidade patrimonial, sendo a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a que maior número de ditames solicitou, seguida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

Así mesmo, a presidenta do Consello Consultivo informou o máximo mandatario galego da organización doutras actividades como as xornadas celebras na illa da Toxa ou a edición de dúas publicacións.

O Consello Consultivo de Galicia é un órgano consultivo de carácter técnico xurídico, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, que está ao servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma e que ten como fin velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas e, en xeral, pola observancia da Constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico.

Este organismo é o encargado de elaborar ditames xurídicos na fase do procedemento inmediatamente anterior á toma de decisión por parte da propia Xunta de Galicia ou das corporacións locais, e sobre a base dunha proposta que lle é sometida para o seu exame xurídico.

O Consello Consultivo goza de independencia no exercicio da súa función e en garantía desta e da súa obxectividade, está dotado por Lei de plena autonomía, orgánica e funcional respecto de calquera outro órgano da Administración.

María Teresa Conde-Pumpido Tourón naceu en Pontevedra no ano 1951. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogada en exercicio en Vigo desde 1977, ocupou a presidencia da Confederación Estatal de Avogados Xóvenes entre os anos 1984 e 1989.

No ano 1994, accedeu ao cargo de maxistrada polo cuarto turno de xuristas de recoñecido prestixio. Desde novembro de 2005 ocupa praza de maxistrada especialista na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dirixiu varios cursos do Consello Xeral do Poder Xudicial e é autora de numerosas publicacións, con especial atención a temas relacionados coa igualdade de xénero.

R., 2008-07-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES