Noticias

Pesca pone en marcha un observatorio de precios de productos pesqueros y acuícolas

Esta actuación será llevada a cabo por el Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) que aporta un equipo integrado por expertos de reconocida solvencia en temas de economía pesquera. Pesca aportará 360.000 euros para este proyecto entre los años 2007 y 2009.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos acaba de poñer en marcha o establecemento dun observatorio de prezos de produtos pesqueiros e acuícolas a través do Centro Tecnóloxico do Mar (Cetmar). O obxectivo é dispoñer dun instrumento que permita seguir a evolución nos mercados dalgunhas das principais especies procedentes da pesca e da acuicultura comercializadas en Galicia.

Para a realización desta iniciativa, o departamento que dirixe Carmen Gallego asinou recentemente unha encomenda de execución ao Cetmar, de xeito que este centro da Consellería aportará un equipo de traballo interdisciplinar composto por expertos de recoñecida solvencia en temas de economía pesqueira. Pola súa banda, Pesca achegará un total de 360.000 euros nos anos 2007, 2008 e 2009 para a execución do proxecto. Concretamente, no presente exercicio aportará 180.000 euros con cargo aos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma, mentres que nos dous anos seguintes contarase cun montante de 90.000 euros anuais atendendo á disposición de crédito.

Entre as tarefas a realizar por parte dos profesionais do Cetmar atópase a elaboración de informes mensuais das características e tendencias dos mercados de primeira venda e a súa integración nas redes comerciais, especificando puntos de venda, especies, prezos, cantidades e características de compradores e destinos, así como memorias trimestrais sobre a participación de Galicia nos mercados internacionais de produtos de orixe mariña, contextualizando a situación en termos económicos e institucionais.

Ademais, contarase con enquisas e informes anuais sobre as percepcións de consumidores e axentes da rede comercial en relación aos produtos de orixe mariña e un estudo específico sobre as viabilidade de produtos financeiros e mercados de futuros no sector da pesca e da acuicultura a realizar no prazo dun ano.

Coa posta en marcha do observatorio de prezos de produtos pesqueiros e acuícolas perséguese contar cunha ferramenta de traballo que ofreza información sobre a evolución de importes e tendencias, así como relacionar eses datos con outras informacións económicas procedentes de sectores diferentes ao pesqueiro.

Por outra banda, cabe sinalar que existe a posibilidade de financiar este proxecto a través do Fondo Europeo de Pesca (FEP). De feito, o regulamento (CE) Nº 1198/2006 do Consello do 27 de xullo de 2006 autoriza aos estados membros a tomar medidas de interese público destinadas a aplicar unha política de calidade e valorización, desenvolvemento de novos mercados ou campañas de promoción para os produtos da pesca e da acuicultura. Entre as devanditas actuacións atópase a realización de estudos de mercado que, como o observatorio, son necesarios para a posterior elaboración dos informes económicos de mercados e redes comerciais de produtos da pesca e da acuicultura.

R., 2007-11-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (fadesa_martin.jpg) El Juzgado de lo Mercantil Número 1 de A Coruña ha declarado en situación de concurso voluntario de acreedores, la antigua suspensión de pagos, a Martinsa-Fadesa tras verificar, a la vista de la documentación remitida por la inmobiliaria, que se halla "en estado de insolvencia inminente". Los acreedores disponen hasta el 1 de octubre para comunicar los créditos que tienen con la inmobiliaria.
Foto de la tercera plana (autovia_a8_trafico_3.jpg) La Operación de tráfico 25 de julio 2008 se pone en marcha a las 15.00 horas del 24 de julio y se prolonga hasta la medianoche del domingo 27. La Dirección General de Tráfico destaca que las carreteras con mayor intensidad de tráfico en esta operación en Galicia serán las autopistas y autovías AP-9, A-6, A-52, A-55, y las la carreteras N-550 y la N-634.

Notas

O Concello de Catoira construíu a nova nave, baseada no deseño do Gokstad, co fin de dar resposta á crecente demanda das persoas que cada ano desexan participar no asalto á fortaleza, ó tempo que se da maior espectacularidade ó evento. A 48 Romaría Vikinga de Catoira comeza coa V Rapa das Bestas do Xiabre.
O titular do Executivo galego presidiu o acto E a vitoria chegou: Pazo de Baión, no que tamén participou o ministro de Sanidade, Bernat Soria, así como representantes das asociacións de loita contra o narcotráfico e a drogadición.

Editorial

Xubilouse Ferrín: Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información