Noticias

El Camino de Santiago y el turismo gallego desembarcan en la feria Jata de Japón

Entre el 7 y el 17 de septiembre también se promocionan conjuntamente el Camino de Santiago y el Camino Kumano, declarados Patrimonio de la Humanidad. Cuatro prestigiosos cocineros gallegos presentan una selección de la mejor cocina en un céntrico restaurante de Toquio y se exhibe la muestra fotográfica de Luis Ocaña: Samos, espírito do Camiño.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellaría de Innovación e Industria promociona Galiza como destino turístico e o Camiño de Santiago no Xapón, a través dunha viaxe institucional que se desenvolve entre os días 7 e 17 de setembro próximos. A delegación galega está presidida polo propio conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, que viaxa ao país nipón acompañado dos directores xerais de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Calvo, e Turismo, Rubén Lois, así como do director xerente da S. A. de Xestión do Xacobeo, Ignacio R. Eguíbar.

O principal obxectivo da viaxe é explorar e potenciar o mercado turístico emisor xaponés cara a Galiza, que polo de agora ten un carácter emerxente, sendo o seu principal atractivo a ruta e o fenómeno xacobeos. O programa da viaxe inclúe visitas ás cidades de Toquio, Kyoto e Wakayama City. Na capital nipona está prevista a asistencia á Feira de Turismo Jata, a máis importante de Xapón, onde se manterán encontros con touroperadores e se visitará o espazo promocional de Galiza e do Camiño de Santiago.

Ademais, o día 10 inaugurarase nunha céntrica galería de Toquio a exposición “Samos, espírito do Camiño”, do fotógrafo galego Luis Ocaña, con imaxes artísticas de alta calidade do cenobio beneditino situado ao pé do Camiño Francés. Na apertura desta mostra estarán presentes touroperadores, prensa especializada e persoeiros da cultura e das artes da cidade.

Tamén en Toquio terá lugar, ao día seguinte e no céntrico restaurante Ogawaratei, unha cea galega cun menú elaborado polos restauradores Toñi Vicente, Marcelo Tejedor, Roberto Crespo e Carlos García (profesor do Centro Superior de Hostelería de Galicia) desprazados especialmente para a ocasión, á que está prevista a asistencia de preto dun cento de convidados. Trátase de amosar sobre o terreo as posibilidades da cociña galega de máis alto nivel, sobre todo a través de presentacións a base de produtos do mar –peixe e marisco–, que gozan de grande estima en Xapón.

Con motivo desta viaxe, a S.A. de Xestión do Xacobeo, que depende da Consellaría de Innovación e Industria, editou dúas publicacións bilingües (en galego e xaponés) pensadas sobre todo para o público e os profesionais turísticos xaponeses, e que resumen por un lado os atractivos turísticos de Galiza e por outro a riqueza turística, cultural, natural e histórica do Camiño de Santiago.

Outro dos obxectivos é reforzar os lazos de amizade entre Galiza e a Prefectura de Wakayama, no sur do país, arredor dos dous camiños de peregrinación –de Santiago e de Kumano– que atravesan estes dous territorios e que están declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Nesta viaxe o conselleiro de Innovación e Industria e o gobernador de Wakayama asinarán un acordo de cooperación cara á promoción conxunta das dúas vías, especialmente pensado cara o 2010, ano de celebración do vindeiro Xacobeo.

O conselleiro de Innovación e Industria aproveitará a súa estadía no Xapón para coñecer instalacións punteiras dedicadas á investigación, desenvolvemento e innovación en enerxías alternativas, cunha visita a Tepco (Tokyo Electric Power), unha das empresas máis importantes do sector a nivel internacional. O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Calvo, tamén manterá diversos encontros de traballo durante a viaxe ao país nipón.

R., 2007-08-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aulas_ninos_juegan_cuad.jpg) Los colegios infantiles inician el curso con 4.315 plazas públicas más que en 2005, de las que unas 3.500 son en galescolas. Anxo Quintana, vicepresidente de la Xunta, abrió el curso en las escuelas infantiles públicas gallegas que cuentan con 10.909 plazas para niños de cero a tres años. Afirmó que la apuesta del Gobierno gallego por los servicios socioeducativos a la primera infancia supone «un compromiso en clave de país, de derechos y de inversión social».
Foto de la tercera plana (curtas_na_rede_trofeo_bobi.jpg) El 29 de octubre, en el Teatro Colón de A Coruña, se celebra la entrega de premios a los ganadores del certamen Curtas na Rede que recibirán a Bobi, el nuevo trofeo del concurso que se consolida al duplicar el número de participantes respecto a la edición anterior, según los organizadores.

Notas

Personada como Asociación de Consumidores en el concurso de acreedores de la constructora, Adicae actúa en defensa de los derechos de los afectados y presenta un recurso de reposición por irregularidades.
Entre outras medidas, a Xunta cooperará co IGAPE para a habilitación de liñas de financiación específicas, negociará coas caixas galegas e axilizará o proxecto de Lei de Comercio.

Editorial

O rendible é intermediar: Os productos do campo son básicos na alimentación das xentes e o ideal sería...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información