Noticias

Presentado el informe de gestión durante la reunión del Patronato de la Fundación Cetmar

El patronato aprobó las cuentas de la Fundación Cetmar correspondientes al año 2006.

En esta reunión, los miembros del Patronato del Cetmar aceptaron la renuncia de Manuel Varela y autorizaron el nombramiento de Alberto González Garcés como nuevo director-gerente del Centro Tecnológico del Mar.

La reunión, presidida por Carmen Gallego, abordó cuestiones relacionadas con el funcionamiento interno del centro.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, presidiu a reunión do Padroado da Fundación Cetmar, celebrada en Vigo, á que tamén asistiron o Secretario General de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro; a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares Cuerpo, e o director do Cetmar, Manuel Varela. Tamén estiveron presentes como membros do Padroado, responsables do Instituto Español de Oceanografía (IEO), das consellerías de Medio Ambiente, Educación e Innovación e Industria, así como representantes das Universidade de Vigo e Santiago.

O desenvolvemento da xuntanza deu comezou, segundo constaba na orde do día, coa lectura da acta da sesión anterior, que quedou aprobada co asentimento de todos os presentes. Tras a lectura da devandita acta, de data 18 de decembro de 2006, os asistentes aprobaron as contas anuais da Fundación relativas ao exercicio 2006, que foron presentadas polo director do centro e secretario do Padroado, Manuel Varela.

No terceiro dos puntos do día presentouse o Informe de Xestión do Cetmar e aprobouse a subvención nominativa adicional no marco do plan financeiro do centro. Tamén se lle deu o visto bo ao Convenio coa Fundación para a Sociedade do Coñecemento para o emprego provisional dalgunhas instalacións do Centro Tecnolóxico do Mar e ratificouse a delegación de competencias de ámbito xurídico e de representación da Fundación no director-xerente.

Finalmente, o último asunto da orde do día que se tratou foi o da renuncia de Manuel Varela ao cargo de director-xerente, que foi aceptada por todos os presentes e que se fará efectiva o día 5 de xullo de 2007. Manuel Varela agradeceu aos presentes a confianza posta na súa persoa para o desempeño do seu cargo e o apoio recibido en todo momento polos membros do Padroado para levar a acabo o traballo que lle fora encomendado o pasado ano 2005. Do mesmo xeito, todos os membros do Padroado agradecéronlle o labor realizado á fronte do Cetmar.

Ademais, os participantes na xuntanza celebrada hoxe autorizaron o nomeamento do que se constituirá como novo responsable da Fundación Cetmar a proposta do propio Padroado. Segundo acordaron, será Alberto González Garcés o que substituirá a Manuel Varela como director-xerente da Fundación Cetmar.

Alberto González Garcés é doctor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, sendo a súa especialidade a investigación de recursos mariños explotados. Foi membro do Gabinete do Vicepresidente da Comisión Europea Manuel Marín dende 1989 ata 1993, así mesmo presidiu o Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca da UE e o Comité Científico para a Organización Internacional para la Conservación del Atún del Atlántico (ICATT). Dende fai 14 anos González Garcés desempeña o cargo de director do Centro de Vigo do Instituto Español de Oceanografía.

R., 2007-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES