Noticias

Suso Vaamonde y la Safari Orquesta, entre los participantes en el acto musical conmemorativo del centenario del Himno Gallego

En el acto, organizado por la Secretaría Xeral de Emigración, se reivindicó el carácter identitario de la música en la Galicia exterior. El origen del himno gallego está históricamente relacionado con la ciudadanía gallega en la emigración ya que se consolidó en tierras cubanas en 1807.

La Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia organizó un acto conmemorativo del centenario del himno gallego. Un evento en el que los representantes de la Xunta reivindicaron el carácter identitario que tiene la música en la Galicia exterior.

El acto musical promovido contó con la participación de artistas como Suso Vaamonde, Guadi Galego, Marcos Meléndrez, Gastón Rodríguez y la Safari Orquesta. Interpretaron música que remite a tres generaciones de emigrantes y que permitió mantener vivas las vinculaciones de los emigrados con Galicia.

Reforzando este espíritu, el secretario xeral de Emigración de la Xunta ponderó la importancia de la cultura para impedir que el tiempo y el olvido provoquen una herida definitiva entre los gallegos emigrados y la Galicia que dejaron atrás.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia:

A Secretaría Xeral de Emigración conmemorou o cen aniversario do Himno Galego cun acto musical no que se vindicou o carácter identitario da música na Galicia exterior. A xénese do Himno, que este ano cumpre o seu primeiro centenario, está historicamente ligado á cidadanía galega do exterior, pois foi dende terras cubanas onde a súa interpretación, en 1807, consolidou este símbolo como futura sinal de identidade de Galicia.

Máis alá do Himno, a música, como práctica cultural compartida, perseverou, segundo sinalou o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, “de xeito moi especial na conciencia dunha identidade galega na emigración, contribuíndo a que a distancia, o afastamento humano coas súas orixes e a incorporación a unha cultura nova e allea, non provocaran co tempo unha fenda definitiva entre os galegos emigrados e a Galicia que deixaban atrás”. A cultura, pois, uniu, fortaleceu, construíu o país, pero como a cultura actúa coa mirada posta no futuro, une, fortalece e sigue construíndo o país.

A relación da emigración coas músicas que afondan na idea de pertenza a un pobo cunha forte idiosincrasia, ten a súa máxima expresión no Himno oficial de Galicia, mais esténdese a outras manifestacións musicais que “as converten, para miles e miles de cidadáns de orixe galega de diferentes xeracións, en himnos subxectivos, domésticos pero universais”. Himnos íntimos que actuaron co tempo como elementos de enganche entre o país e a emigración galega afincada nas nacións estranxeiras.

O acto contou coa presenza de artistas como Suso Vaamonde, que tocou a Antiga Marcha do Reino de Galicia e o Himno Galego. Guadi Galego e Guillerme Fernández, pola súa parte, interpretaron eses himnos persoais e íntimos que foron as nanas e as ribeiranas, que dende a emigración se fomentaron para perseverar na proximidade con Galicia, e que no primeiro caso enmarcan a unión interxeracional, e no segundo simbolizan as cancións interpretadas polas mulleres que ficaron en Galicia vendo partir aos seus maridos á emigración.

Os tangos que puxeron música á saudade de miles de galegos que chegaron durante a metade de século a Arxentina para facer deste país o destino preferente de emigrados e exiliados, foron homenaxeados por Marcos Meléndrez e Gastón Rodríguez, que interpretaron o tango “Garufa”. Os himnos da xuventude de orixe galega residente no exterior, representados por letras interpretadas por artistas de pegada galega como Andrés do Barro ou Xil Ríos, foron asemade vindicados nun acto que non que a Safari Orquestra fixo un percorrido por aqueles temas que dende fai trinta anos en adiante máis influíron na emigración.

A fortaleza dos himnos oficiais e daquelas outras expresións musicais que definen o contexto das diferentes xeracións na Galicia exterior explica, sinalou Manuel Luís Rodríguez, “que os produtos culturais e as accións formativas que remiten á cultura galega sexan a demanda máis habitual que as colectividades de galegos formulan á Secretaría de Emigración”. Precisamente as xeracións de mozos e mozas resultan as máis activas, e habitualmente as máis comprometidas, na defensa dos sinais de identidade de Galicia, razón pola cal se escolleu o marco dos Obradoiros para a mocidade da Galicia exterior, para conmemorar o cen aniversario do Himno Galego. “Porque traballar en favor da xente nova, nun eido como é o da emigración no que os vínculos corren o risco de deteriorarse polos efectos do afastamento, é traballar para alimentar a vinculación futura e a identificación das próximas xeracións de orixe galega co seu país, a súa lingua e a súa cultura”.

R., 2007-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (aulas_ninos_juegan_cuad.jpg) Los colegios infantiles inician el curso con 4.315 plazas públicas más que en 2005, de las que unas 3.500 son en galescolas. Anxo Quintana, vicepresidente de la Xunta, abrió el curso en las escuelas infantiles públicas gallegas que cuentan con 10.909 plazas para niños de cero a tres años. Afirmó que la apuesta del Gobierno gallego por los servicios socioeducativos a la primera infancia supone «un compromiso en clave de país, de derechos y de inversión social».
Foto de la tercera plana (curtas_na_rede_trofeo_bobi.jpg) El 29 de octubre, en el Teatro Colón de A Coruña, se celebra la entrega de premios a los ganadores del certamen Curtas na Rede que recibirán a Bobi, el nuevo trofeo del concurso que se consolida al duplicar el número de participantes respecto a la edición anterior, según los organizadores.

Notas

Personada como Asociación de Consumidores en el concurso de acreedores de la constructora, Adicae actúa en defensa de los derechos de los afectados y presenta un recurso de reposición por irregularidades.
Entre outras medidas, a Xunta cooperará co IGAPE para a habilitación de liñas de financiación específicas, negociará coas caixas galegas e axilizará o proxecto de Lei de Comercio.

Editorial

O rendible é intermediar: Os productos do campo son básicos na alimentación das xentes e o ideal sería...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información