Noticias

Dez candidaturas optan a ser socios estratéxicos no Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos

O Polo Aeroespacial de Galicia é un dos proxectos tractores que recolle a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, que podería chegar a mobilizar 540M€. De feito, é xustamente co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) con quen a Xunta ten aberta neste momento a licitación para dotar as instalacións de Rozas dun entorno de simulación avanzado de xestión do tráfico aéreo. A Axencia Galega de Innovación (Gain) xa recibiu un total de dez propostas para ser novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou que a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), xa recibiu un total de dez propostas para ser novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos. Así o adiantou durante a clausura do IV Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial (CIAG), organizado polo Consorcio Aeronáutico Galego.

Conde explicou que o lanzamento da convocatoria para seleccionar novas empresas tractoras que acompañen á Xunta neste proxecto pioneiro é unha das 30 actuacións contempladas na nova Estratexia 2021-2025 do Polo Aeroespacial de Galicia, cun orzamento de 40M€ e a previsión de asinar entre catro e oito acordos de asociación para desenvolver arredor de 80 proxectos de I+D. No tocante ás dez propostas presentadas, entrarán agora en fase de avaliación unha vez se comprobe que a documentación achegada se axusta ás bases reguladoras da convocatoria.

Segundo dixo, este grao de interese que esperta o Polo de Rozas demostra que a industria aeronáutica confía en Galicia e nun proxecto que naceu e se desenvolveu a través dun instrumento clave como a Compra Pública Innovadora, coa que se levan mobilizado 164M€ a partir dun investimento público de 58M€. Un proxecto que conta agora cunha nova folla de ruta de cara ao 2025, cun investimento de 70M€, para consolidar maior pegada industrial, para que as pemes galegas se incorporen ás cadeas de valor das grandes empresas do sector, para impulsar a proxección internacional e a comercialización de novas solución e para a creación de emprego cualificado.

Neste contexto, Conde apuntou que o Polo Aeroespacial de Galicia é un dos proxectos tractores que recolle a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, que podería chegar a mobilizar 540M€ se consegue a colaboración do Goberno. De feito, sinalou que é xustamente co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) con quen a Xunta ten aberta neste momento a licitación para dotar as instalacións de Rozas dun entorno de simulación avanzado de xestión do tráfico aéreo.

O vicepresidente económico concluíu agradecendo ao apoio do Consorcio Aeronáutico Galego no Polo Aeroespacial de Galicia. E lembrou que, para reforzar este traballo en común, a Xunta vén de asinar con esta entidade un acordo convenio que vai permitir crear un Observatorio da Industria Aeroespacial para seguir avanzando no desenvolvemento deste sector en Galicia.

R., 2021-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES