Galicia porá en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade
Nas próximas semanas porase en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade, que contará cun investimento de 20 M. O presidente da Xunta explicou hoxe que este programa, que se está a ultimar co sector, contemplará medidas en dous grandes ámbitos. Por unha banda, iniciativas que impulsen a súa transformación dixital, cunha aposta clara polo comercio en liña. E, por outra, axudas para dar resposta ás necesidades máis inmediatas e contribuír a impulsar o consumo nas tendas. Sobre isto, Feijóo adiantou que se poñerá en marcha un programa de bonos desconto para mercar no comercio local.
Son medidas encamiñadas a paliar a situación dunha actividade clave para a economía e o emprego duramente afectada pola pandemia e polas súas consecuencias.
Desescalada gradual e medida
En relación ao proceso de desescalada que se inicia mañá, o presidente da Xunta solicitou á cidadanía un novo exercicio de responsabilidade individual e colectiva para non retroceder nos avances.
Por último, anunciou que, co ánimo de seguir aliviando as restricións, a partir desta fin de semana os maiores das residencias que recibisen hai máis de 10 días a segunda dose da vacina poderán realizar un máximo de dúas saídas á semana de ata dúas horas cada unha para dar algún pequeno paseo. Ademais, as visitas (que seguirán sendo tres á semana de dúas persoas de referencia) poderán desenvolverse en espazos exteriores.
R., 2021-02-25
Actualidad
A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
Notas
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane que marcaría unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegaría a recuperación de Sargadelos, así como unha serie de iniciativas para desposuír do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.