Noticias

Comeza a vacinación de 50.000 profesionais do ámbito educativo

A Xunta de Galicia vén de anunciar o comezo do proceso de vacinación contra a covid-19 dos preto de 50.000 profesionais que exercen o seu labor na comunidade galega. De acordo ás directrices establecidas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde no seu Plan de Vacinación, e tras unha pilotaxe, Galicia iniciará mañá, de xeito ordinario, a vacinación dos profesionais da comunidade educativa galega, comezando polos docentes menores de 55 anos. Así, o Executivo galego ten previsto que a administración da primeira das doses remate a finais do mes de marzo.

Na compaña do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o responsable da carteira sanitaria da Xunta, Julio García Comesaña, precisou que os docentes serán citados polas áreas sanitarias daqueles concellos onde se emprace o seu centro educativo e que, as inoculacións, terán lugar nos diferentes hospitais da comunidade.

“Citaremos á comunidade docente por orde alfabética e non por centros, co ánimo de que o proceso de vacinación sexa compatible co desempeño do seu labor e así influír o menos posible na atención educativa”, salientou García Comesaña.

Pola súa banda, o conselleiro de Educación subliñou que “estamos diante dunha noticia notable para a comunidade educativa”. Así, remarcou que a Xunta priorizou a vacinación deste colectivo profesional “conscientes do importante papel que desempeñan”. Deste xeito, Galicia convértese nunha das primeiras comunidades autónomas nas que se está vacinando ao persoal educativo.
Cribado da poboación estudantil universitaria

O conselleiro de Sanidade tamén anunciou hoxe que durante os vindeiros días 27 e 28 de febreiro e, 1 e 2 de marzo, o Servizo Galego de Saúde realizará cribados ao conxunto do estudantes das tres universidades galegas. Deste xeito, García Comesaña informou que o estudantado universitario será citado no transcurso desta semana mediante un SMS, para acudir á realización dun test de antíxenos en dispositivos de alta capacidade.

R., 2021-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES