Galicia estenderá a educación dixital a 100.000 alumnos e alumnas, o 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta estenderá a educación dixital a 100.000 alumnos, unha cifra que suporá o 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO. Con este obxectivo, Feijóo precisou que Consello autorizou hoxe dous contratos marco, que suman un importe máximo de 34 millóns de euros: un deles para adquirir ata 45.000 ultraportátiles para o alumnado e o outro para adquirir o equipamento necesario para a dotación doutras 2.000 aulas E-Dixgal.
Actualmente E-Dixgal está dispoñible para os centros adheridos, entre 5º de primaria e 2º da ESO. Isto supón que máis de 34.000 alumnos destes niveis educativos estudan con libro dixital, equipados con portátil e con acceso online e offline á plataforma virtual EVA, onde teñen á súa disposición o contido curricular completo de cada curso.
Cómpre salientar que esta transformación comezou en 2010, coa posta en marcha da iniciativa Abalar, na que se levan investido máis de 100 millóns: para a dixitalización de todas as aulas de 5º de primaria a bacharelato; na mellora da conectividade para que o 100% dos centros públicos educativos de primaria e secundaria dispoñan de conexión a internet superior a 100 megabits por segundo; e na adquisición de equipamento, contidos dixitais e implantación de novos servizos e canles de comunicación online.
A estes recursos súmanse diferentes plataformas e aplicacións que facilitan o ensino dixital, como se puxo de manifesto durante o período de confinamento, como: as aulas virtuais ás que accederon diariamente máis de 100.000 estudantes; o sistema de videoconferencia con 4.000 xuntanzas diarias; a aplicación Abalar que empregan habitualmente 93.000 usuarios; ou a plataforma EVA que rexistra diariamente un acceso medio de 3.100 profesores e 29.300 estudantes.
R., 2021-02-22
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.