Noticias

Galicia iniciará unha experiencia piloto no mes de agosto a través da aplicación móbil PassCOVID para que os cidadáns poidan acceder a toda a información sobre a pandemia

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia iniciará no mes de agosto unha experiencia piloto nun grupo pechado de persoas a través da nova aplicación para o móbil ‘PassCOVID’. En base aos datos do Servizo Galego de Saúde, esta aplicación permitirá identificar o nivel de risco transmisor da persoa usuaria fronte á covid-19 e facilitar a xeración de alertas aos contactos indicados por esta no caso de dar positivo nunha proba PCR. Logo de testar este novo sistema en agosto, Feijóo sinalou que en setembro se valorará a posibilidade de implementalo para que tanto os residentes en Galicia como os viaxeiros poidan descargala nos seus dispositivos móbiles. No caso de que se chegue a implementar, precisou que PassCOVID será sometida a consideración do Consello interterritorial de Saúde.

O presidente da Xunta en funcións fixo fincapé en que este sistema será completamente voluntario. Así, a persoa que descargue a aplicación poderá optar por identificarse empregando o sistema de identificación seguro Chave 365, o que lle permitirá acceder a todas as funcionalidades de PassCOVID; ou escoller un perfil anónimo, en cuxo caso a aplicación lle proporcionará información xeral e consellos sobre a situación da pandemia.

Deste xeito, a información será personalizada, no caso dos perfís identificados; e local, no caso dos usuarios que activen voluntariamente a xeolocalización. Isto último permitiralles recibir alertas sanitarias da zona de Galicia na que se atopen.

PassCOVID tamén servirá de canle de comunicación entre o sistema público de saúde e os cidadáns con información sobre novidades e evolución da pandemia; zonas de risco; datos; indicadores xerais e por concello; recursos e servizos dispoñibles; e recomendacións e información sobre protocolos de protección e seguridade aplicables en cada momento e lugar.

O titular da Xunta en funcións avanzou que esta nova aplicación podería, ademais, contar con novas funcionalidades en seguintes versións, como a coordinación coa aplicación estatal RadarCOVID. Esta última identifica contactos detectados automaticamente pola app, mediante a aplicación de tecnoloxías de proximidade.

Tamén, no caso dos establecementos de restauración, estase a traballar para que o cidadán poida rexistrar na aplicación PassCOVID o establecemento no que estivo a través dun código QR. Así, no caso de que a Administración identificase algún positivo ou contaxio no local, activaría unha alarma aos usuarios da aplicación.

A previsión é publicar a orde na que se determinará o marco regulatorio do sistema PassCOVID na próxima semana.

R., 2020-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES