Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño grazas a que o sector resiste mellor que a media española
Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira. Segundo o INE, os establecementos hoteleiros galego recibiron un total de 56.875 turistas que fixeron 115.952 pernoitas. A Comunidade sitúase así como a quinta con mellores rexistros, por diante da súa posición habitual. Na comparativa interanual, a demanda en Galicia baixou un 86,7%, oito puntos menos que a media española, que caeu un 95%.
O comportamento dos viaxeiros neste mes amosa, ademais, un aumento do tempo que deciden permanecer en Galicia xa que a estadía media medrou un 7,6%. Ademais, a nivel de mercado, obsérvase un destacado comportamento do turismo de proximidade, xa que o mercado interno absorbe case a metade das noites hoteleiras de xuño, cando o ano pasado representaba só o 22% do total.
Desde o pasado mes de maio, coincidindo co progresivo levantamento das limitacións de mobilidade, a actividade turística en Galicia está a dar os seus primeiros síntomas de reactivación. Ademais das cifras de turistas, tamén o demostra o feito de que cada vez son máis os negocios hoteleiros que abren as súas portas. En maio reanudaron a súa actividade 225 establecementos hoteleiros, fronte aos 630 que o fixeron en xuño. Isto conlevou, un notable crecemento do número de viaxeiros pasando de 5.019 de maio a 56.875 en xuño.
Reactivación do sector
Ante a difícil situación que está a atravesar o sector turístico no actual contexto sanitario, é fundamental a colaboración público-privada. Neste sentido, a Xunta e o sector levan meses traballando en varias liñas simultáneas no marco do Plan de Reactivación do sector turístico que inclúen medidas como o Galicia destino seguro, dotado con 8M, con accións de formación, axudas para a súa adaptación, un servizo de asesoramento e diferentes colaboracións con asociacións profesionais para impulsar novos produtos adaptados.
R., 2020-07-23
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.