Noticias

Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia asinan un protocolo de colaboración para impulsar a Vía da Prata

Galicia colaborará con Andalucía, Castela e León e Estremadura no impulso e divulgación da Vía da Prata, así como na protección, sinalización, promoción e conservación desta ruta ou no desenvolvemento de accións de cara á celebración do Xacobeo 2021. Así se reflectiu na xuntanza que mantivo en Cáceres o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, cos responsables das áreas de Cultura, Turismo e Patrimonio das comunidades polas que transcorre este itinerario , coas que asinou un protocolo de colaboración para traballar en accións sobre este itinerario, “unha folla de ruta” que sente os mecanismos para desenvolver un traballo efectivo e coordinado.

Concretamente, o acordo asinado pola conselleira de Cultura y Patrimonio Histórico da Junta de Andalucía, Patricia del Pozo; o conselleiro de Cultura y Turismo da Junta de Castilla y León, Javier Ortega; a conselleira de Cultura, Turismo y Deportes da Junta de Extremadura, Nuria Flores, e o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en funcións, Román Rodríguez, ten por finalidade impulsar este itinerario con accións conxuntas e coordinadas entre as comunidades, que redundarán nunha maior efectividade e permitirán aumentar o número de peregrinos e visitantes que percorrerán a Vía da Prata nas mellores condicións.

Durante o acto, o titular de Cultura e Turismo en funcións da Xunta de Galicia manifestou o seu agradecemento pola hospitalidade do Goberno estremeño e sinalou que neste escenario de incerteza “non podemos loitar solos”. “A cooperación non é importante, senón indispensable. Só traballando xuntos e por encima de cores políticas, territorios ou administracións poderemos superar os grandes retos que temos por diante”, sinalou Román Rodríguez.

O acordo asinado hoxe en Cáceres inclúe medidas que, segundo o titular de Cultura e Turismo en funcións, “permitirán explotar todo o potencial da Vía da Plata” a través dun traballo coordinado en materia de promoción, cultura, sinalización, protección, así como no marco do Xacobeo 2021. “Estamos ante un acordo de colaboración histórico, xa que non existen moitas comunidades que colaboren de xeito tan estreito por un mesmo obxectivo que non podía ser outro que o Camiño de Santiago”, subliñou o conselleiro.

Folla de ruta

Os representantes das catro comunidades autónomas coincidiron en que o acordo de colaboración asinado supón “unha folla de ruta” que sente os mecanismos para desenvolver un traballo efectivo e coordinado entre as autonomías polas que pasa a Vía da Prata.

Así, o documento define a constitución dunha Comisión de Cooperación das comunidades autónomas asinantes e a creación dun grupo de traballo para o impulso de accións conxuntas que permitan a potenciación e a protección da ruta. No seno desta Comisión formaranse dous grupos con representantes de cada unha das autonomías que traballarán por un lado na promoción turística e na programación cultural e, por outro, na defensa e protección patrimonial do itinerario histórico.

Ao abeiro deste protocolo tamén se define un marco de colaboración para impulsar a unificación da sinalización e a mellora da seguridade viaria asociada aos tramos da ruta, así como a mellor integracións paisaxística dos tramos urbanos.

Ademais, ao protocolo establece o apoio ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago nesta ruta, contribuíndo á constitución dunha Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da Vía da Prata.

Plan Nacional dos Camiños

Ademais de avanzar no programa de traballo iniciado xa en decembro no Encontro de Comunidades Autónomas da Vía da Prata celebrado en Santiago de Compostela, a xuntanza de hoxe en Cáceres tamén serviu para facer fincapé na necesidade de crear un Plan Nacional dos Camiños de Santiago como elemento de impulso global das Rutas Xacobeas e de conexión cos sucesivos anos santos ou de incluír a Galicia e Andalucía na candidatura da Vía da Prata, liderada por Estremadura, a Patrimonio da Humanidade.

Así mesmo, tamén reiteraron a súa solicitude ao Consejo Jacobeo a incorporación de Estremadura e Andalucía, xa que deste órgano só forman parte as comunidades polas que pasan Camiños Patrimonio da Humanidade.

, 2020-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES