Galicia pechou o primeiro cuadrimestre cun superávit de 25 M, o 0,04% do PIB
A Comunidade Autónoma de Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano cun superávit contable de 25 millóns de euros, o que representa o 0,04% do PIB, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. No conxunto do subsector Comunidades Autónomas, o superávit ata abril situouse no 0,02% do PIB a metade que en Galicia-, o que supón 231 millóns de euros. Ademais, este resultado supón mellorar os datos do primeiro cuadrimestre do exercicio anterior, no que Galicia pechara o primeiro cuadrimestre cun déficit de 102 millóns de euros, o que representa o 0,16% do PIB.
Segundo os datos do Ministerio de Facenda, Galicia foi unha das comunidades autónomas que cumpriu en 2019 o obxectivo de déficit público. O límite para todas as comunidades autónomas era do 0,1% para o conxunto do exercicio, tal como fixara o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), e Galicia pechou o exercicio 2019 cun déficit de 79 millóns de euros, o que representa o 0,12% do PIB.
Deste xeito, os datos do Ministerio de Facenda mostran que Galicia se situou entre as comunidades autónomas que cumpriron o obxectivo de déficit, na mesma liña dos exercicios anteriores. Segundo o Ministerio de Facenda, só catro comunidades autónomas de réxime común (Galicia, Madrid, Andalucía e Canarias, esta última cun financiamento diferente ao resto de comunidades) foron capaces de cumprir o obxectivo fixado para 2019. A estas catro comunidades súmanse as dúas de réxime foral.
R., 2020-07-01
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.