O Plan de Inserción Laboral para vítimas da violencia de xénero permitirá contratar a 68 mulleres
De acordo con este Plan, que pretende contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da independencia económica co obxectivo de lograr unha integración plena na vida económica e social, 38 entidades locais galegas contratarán a 68 mulleres que sufriran violencia de xénero. Trátase dun programa pioneiro que se puxo en marcha o pasado ano por primeira vez en Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
As contratacións deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ven de manter un encontro co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera sobre o plan de inserción laboral para mulleres que sofren violencia de xénero, polo cal 38 entidades locais galegas contratarán a a 68 mulleres, no que tamén participa este concello pontevedrés, que contratará a dúas.
Alfonso Rueda explicou que este é programa pioneiro que se puxo en marcha o pasado ano por primeira vez en Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As axudas teñen como finalidade principal apoiar ás mulleres vítimas da violencia de xénero na súa integración laboral que lles permita unha independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
O titular da Vicepresidencia indicou que a independencia económica e a posibilidade dun traballo estable contribúe a que as mulleres vítimas da violencia de xénero poidan ter unha maior autonomía, e poder comezar unha nova vida lonxe do seu agresor. Por todo isto quero agradecer ao concello de Soutomaior que se implique, se involucre e sexa partícipe nestas iniciativas
A contía da subvención é, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.
As contratacións polas cales se conceda a subvención deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais e deben ser executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas ás que se encomende a súa execución. A duración dos contratos será como mínimo de 4 meses, aínda que a maior parte das mulleres van ser contratadas durante 12 meses.
R., 2020-06-29
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.