Noticias

O xoves, 2 de xullo, remata o prazo para solicitar o voto por correo dos residentes en España para participar nas eleccións ao Parlamento de Galicia

As persoas que queiran solicitar o voto por correo poden solicitalo persoalmente nas oficinas de Correos. Ademais, habilitouse tamén a posibilidade de solicitalo vía telemática, a través da web de Correos, e mediante o uso dun certificado electrónico. O procedemento é totalmente gratuíto. Logo de solicitalo, a Oficina do Censo Electoral enviará aos electores, antes do 5 de xullo, a documentación necesaria para poder votar.

Esta documentación inclúe as papeletas e sobres de votación, o certificado de inscrición no censo, un sobre coa dirección da mesa na que lle correspondería votar e unha folla explicativa.

Para depositar o voto, o elector poderá facelo por dúas vías: persoalmente nas oficinas de Correos ou ben no momento en que recibe a documentación no domicilio, entregando directamente o sobre dirixido á mesa electoral ao persoal de Correos. Cómpre recordar que este sobre non necesita franqueo, polo que o procedemento é totalmente gratuíto

O límite para depositar o voto por correo será o 10 de xullo ás 14 horas, logo de que o prazo inicial fora ampliado (inicialmente o límite era o 8 de xullo)

R., 2020-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES