Noticias

A Xunta Electoral Central aproba que os electores poidan votar por correo sen necesidade de saír da súa casa

A Xunta Electoral Central vén de comunicar á Xunta as medidas a adoptar na tramitación do voto por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 12 de xullo. O acordo recolle varias das demandas incluídas no protocolo do Goberno galego de medidas preventivas fronte o coronavirus deseñado para a xornada electoral, no que se insta a fomentar o voto por correo. En canto á solicitude do voto por correo, a Xunta propón ás administracións competentes que se poida realizar por vía telemática mediante un sistema de acreditación que garanta a identidade do solicitante. A Xunta Electoral Central aceptou esta proposta aclarando que a petición de forma telemática se realizará a través da páxina web de Correos mediante firma electrónica.

Tamén se aceptou a proposta da Xunta respecto á posibilidade de establecer protocolos para facilitar o emprego deste sistema de votación mediante o desprazamento dos empregados públicos de Correos. Nesta liña, o acordo da Xunta Electoral central, recolle que no mesmo momento en que o persoal de Correos entrega a documentación electoral no domicilio do elector este, unha vez comprobada a súa identidade e recibidos os sobres electorais, ten a posibilidade de devolvelos xa cumprimentados. Nese caso, recibirá un xustificante que acredite que xa exerceu o seu dereito a voto.

A Xunta Electoral Central aclara que se trata dunha posibilidade opcional e extraordinaria de emisión de voto, sen prexuízo do dereito dos electores tanto a solicitar o voto nas oficinas de Correos de forma presencial como a non ter que entregar o voto no momento que se recibe a documentación, podendo facelo noutro momento dentro dos prazos establecidos nunha oficina de Correos.

Dáse así cumprimento ás demandas da Xunta para que a Xunta Electoral Central e o Ministerio do Interior adopten medidas que favorezan que os cidadáns poidan exercer o seu dereito de sufraxio activo sen acudir ao local electoral o día da votación.

O Goberno galego tamén propón no seu protocolo ampliar o prazo do voto por correo ata dous días antes das eleccións.

R., 2020-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES