Noticias

Sanidad modifica a orde que calculaba o aforo das praias a partir dos seis metros da preamar

No día de onte tivo lugar unha nova xuntanza bilateral telemática entre a Consellería de Sanidade e o Ministerio para tratar diversos asuntos relacionados coa crise sanitaria da covid-19, na que o conselleiro plantexou de novo medidas para flexibilizar as fases da desescalada. Na xuntanza, os responsables do Ministerio de Sanidad confirmaron ao departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña que o Goberno modificou a orde sobre o uso das praias ao suprimir a referencia aos seis metros a contar desde a beiramar en preamar, polo que o aforo calcularase considerando que a superficie da praia a ocupar por cada bañista sexa de aproximadamente catro metros cadrados.

Tal e como reclamara o conselleiro, o cálculo anterior impediría o uso de moitos dos areais galegos. Outra das peticións realizadas polo conselleiro Almuiña é permitir aos estudantes universitarios que se poidan desprazar entre provincias para recoller as pertenzas que deixaron nos seus lugares de estudo, coa entrada en vigor do estado de alarma.

O Ministerio tamén accedeu a que en Galicia se poidan retomar as actividades de tanatoestética en cadáveres de persoas que non faleceran por covid.

Mobilidade

Xunto cos asuntos anteriormente sinalados, o responsable da sanidade pública galega volveu reiterar na xuntanza a petición da Xunta para que se facilite a mobilidade interprovincial en concellos limítrofes. Almuiña plantexou de novo varias alternativas, en concreto, para que se permitan as visitas entre familiares de ata segundo grao que vivan en provincias distintas e dentro da Comunidade Autónoma, así como de permitir o desprazamento a outra provincia cando a súa finalidade sexa visitar a un familiar usuario de centros residenciais.

Igualmente, Almuiña reiterou a petición de que se acceda á mobilidade interprovincial para realizar visitas tuteladas ou supervisadas aos nenos ou adolescentes dos centros de protección e reforma ou para o uso dos Puntos de Encontro Familiar; e respecto das viaxes a segundas residencias, que estean permitidas aínda que estean en diferentes provincias, sempre que se pernocte nas mesmas.

R., 2020-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (festa-filloa-lestedo.jpg) A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.

Notas

Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane que marcaría unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegaría a recuperación de Sargadelos, así como unha serie de iniciativas para desposuír do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES