A esperanza de vida en Galicia medra ata os 83,34 anos e acada o maior valor da serie histórica
A esperanza de vida ao nacer sitúase en 83,34 anos e acada o seu maior valor de toda a serie histórica, segundo se desprende das últimas táboas sobre mortalidade publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE) a partir dos datos da Consellería de Sanidade. Tal como mostran estes datos, a esperanza de vida medrou no ano 2018 en Galicia ata situarse nos 83,34 anos, fronte aos 83,12 do ano anterior. Ademais, desde 2008 este indicador medrou dous anos. A esperanza de vida aumentou tanto nas mulleres pasa de 86,02 a 86,4 anos- coma nos homes, nos que o incremento da esperanza de vida é máis leve: de 80,12 anos en 2017 aos 80,18 anos de 2018.
No caso da esperanza de vida aos 65 anos, entendida como a media de anos que vive unha persoa que alcanza esa idade, este indicador situouse en Galicia nos 21,61 anos en 2018. Este indicador tamén medrou respecto ao ano anterior (21,45), e volve ser máis elevado no caso da mulleres (23,72) que no dos homes (19,23).
En canto á esperanza de vida aos 80 anos, os datos do IGE indican que este indicador medrou en 2018 ata os 10,41 anos, fronte aos 10,04 anos do ano anterior. Igualmente, este indicador é máis alto para as mulleres (11,31) que para os homes (9,08).
As táboas de mortalidade recollen as probabilidades de morte e supervivencia da poboación galega, así como a esperanza de vida, é dicir, a estimación media de anos que viviría unha persoa no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás actuais.
R., 2020-02-21
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.