A rede de aulas CeMIT prevé superar os 96.000 usuarios o vindeiro ano
Celebrouse hoxe unha Xuntanza de Dinamizadores CeMIT baixo o lema Traballando no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, destinada aos axentes TIC da Rede de Aulas CeMIT de toda Galicia, que tiveron a oportunidade de expoñer os seus proxectos e intercambiar ideas. Dende os seus inicios en 2011, a Rede CeMIT planificou máis de 370.000 horas de formación en TIC en diferentes niveis e, actualmente, conta con máis de 90.400 usuarias e usuarios rexistrados. Ao longo de 2020 está previsto superar os 96.000 usuarios e realizar máis de 35.000 horas de formación e 2.500 actividades. Cabe destacar o incremento no acceso a internet entre os maiores de 55 a 64 anos, que creceu 15 puntos, só no último ano.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou o encontro agradecendo aos responsables das aulas CeMIT, formadores e dinamizadores o labor na capacitación dixital dos galegos. Neste sentido, a responsable da Axencia autonómica destacou que se cumpriu cun ano de adianto o obxectivos proposto hai tres anos de superar a porcentaxe do 75% dos galegos que acceden a Internet. Os últimos datos do INE sitúan esta porcentaxe xa no 84% a día de hoxe
Mar Pereira resaltou especialmente o incremento no acceso a internet entre os maiores de 55 a 64 anos, que creceu 15 puntos, só no último ano, e lembrou que entre a poboación máis nova, por debaixo dos 35 anos, o uso de Internet é practicamente universal na Comuniade.
Tamén adiantou que a Rede CeMIT continuará sendo un instrumento fundamental para para acreditar os coñecementos en base ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais, que aprobará proximamente o Goberno galego.
Xornada de balance e intercambio de ideas
Ao longo da maña, as instalacións da Cidade da Cultura convertéronse nun espazo para fomentar a metodoloxía de traballo participativa e colaborativa que, a través da experiencia da realidade do día a día da Rede, axude a debuxar novas propostas, novos retos e dar impulso á figura de axentes do cambio dos dinamizadores das aulas CeMIT.
Ademais, fíxose balance dos traballos realizados e obxectivos acadados no marco do Plan de inclusión Dixital, identificáronse as actuacións programadas para o horizonte 2020, e tamén se presentaron as novidades da Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), no correspondente ao Marco de Competencias Dixitais de Galicia e ao papel da Rede CeMIT neste novo contexto.
A Rede CeMIT e o Plan de Inclusión Dixital
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concellos e 53 comarcas e está integrada por 98 aulas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital.
A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento e conta con máis de 800 aliados dixitais.
Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de cursos, charlas e outras actividades.
Paralelamente, os centros da Rede contan cun servizo de titorización, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios e usuarias para a utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.
R., 2019-12-03
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.