Noticias

Chega a nova edición das Unidades Formativas na Empresa, que beneficiarán a preto de 4.500 persoas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición das Unidades Formativas na Empresa, proxecto pioneiro que contempla o desenvolvemento de 500 unidades formativas que chegarán a case 4.500 persoas traballadoras e desempregadas de toda Galicia, ofrecéndolles unha mellora cualificativa que dea resposta ás necesidades do sector produtivo galego. O obxectivo e facer de Galicia unha comunidade máis adaptada a nova realidade económica baseada nas últimas tecnoloxías, mellorando a formación dos galegos e galegas mediante un proceso de aprendizaxe continua que facilite a inclusión laboral e mellora á empregabilidade dos beneficiarios.

A clave é aumentar a competitividade industrial da nosa comunidade, tendo en conta os puntos estratéxicos da Axenda Industria 4.0, e establecer ligazóns entre empregados e sectores produtivos. Para isto, a formación dual ofrece un contrato de traballo que responde ás esixencias tecnolóxicas e profesionais do sector produtivo.

Unidades formativas para desempregados

Por unha banda, destínase un orzamento de 3 millóns de euros ás unidades formativas para desempregados. A intención é poñer en marcha uns 100 cursos para formar a máis de 1.500 parados, obtendo das empresas participantes un compromiso de contratación de alomenos un 40% dos participantes. Ademais, para as empresas que superen este 40%, a Xunta prevé unha liña de axudas de entre 7.000 e 18.000 para financiar contratos indefinidos.

Este financiamento estará especialmente destinada aos demandantes de emprego que teñen habitualmente máis dificultades para topar un posto de traballo (parados de longa duración, persoas en risco de exclusión social con discapacidade funcional, mulleres, emigrantes retornados, maiores de 45 anos) e ás empresas situadas no medio rural galego.

Unidades formativas para desempregados

Por outra banda, as empresas poderán mellorar a formación dos seus empregados a través de 400 unidades formativas, cun orzamento total de 5 millóns de euros, e que chegarán a preto de 3.000 persoas cunha aprendizaxe específica que achegue valor no seu posto de traballo.

41 novas especialidades formativas

Tendo en conta a situación económica actual, tanto no ámbito local coma no nacional ou no global, a formación debe ser sen dúbida unha das grandes prioridades, e así o é para a Xunta de Galicia. Así, as Unidades Formativas na Empresa enmárcanse na Axenda 20, folla de ruta do goberno autonómico para acadar emprego estable e de calidade, un desenvolvemento profesional para a poboación galega, que mellore a súa competitividade e capacitación no mercado laboral.

Foi posta en marcha o ano pasado, e desde entón a Xunta de Galicia xa destinou 12,7 millóns de euros para dar formación técnica a través de 690 cursos para máis de 7.100 persoas, traballadores en activo ou desempregados. Por otra banda, 41 novas especialidade entrarán no catálogo formativo do Servizo Público de Emprego Estatal, a proposta das empresas.

R., 2019-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES