Os filmes galegos 'Arima' e 'Longa noite' representan ao audiovisual galego na selección do Festival de Cine Europeo de Sevilla
O audiovisual galego está representado na selección do Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) a través das películas Arima, de Jaione Camborda, e Longa noite, de Eloy Enciso, que contan co apoio da Xunta de Galicia para a súa promoción neste encontro. O certame andaluz está a celebrar a súa décimo sexta edición desde o pasado venres e ata o día 16 coa cinematografía europea como protagonista. Con motivo destas seleccións, ofreceuse este mediodía unha recepción baixo o título Celebrando o cinema galego, dirixida prioritariamente aos profesionais de toda Europa que están a participar no programa SEFF Industria.
O audiovisual galego está representado na selección do Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) a través das películas Arima, de Jaione Camborda, e Longa noite, de Eloy Enciso, que contan co apoio da Xunta de Galicia para a súa promoción neste encontro. O certame andaluz está a celebrar a súa décimo sexta edición desde o pasado venres e ata o día 16 coa cinematografía europea como protagonista.
O primeiro dos devanditos títulos galegos, que supón o debut na longametraxe da súa realizadora, tivo a súa estrea española onte dentro da sección competitiva Las nuevas olas e poderá verse tamén esta tarde e o mércores, mentres que Longa noite se proxectará hoxe e mañá como parte da sección oficial do festival, onde chega despois de pasar polos de Locarno, Toronto e Nova York. En ambos casos, os filmes exhibiranse na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en español e inglés.
Con motivo destas seleccións, a Consellería de Cultura e Turismo e Galicia Calidade ofreceron este mediodía unha recepción baixo o título Celebrando o cinema galego, dirixida prioritariamente aos profesionais de toda Europa que están a participar no programa SEFF Industria.
Tanto Arima, producida por Esnatu Zinema, como Longa noite, por Filmika Galaika, contaron para a súa realización co apoio da Xunta a través das subvencións a producións e coproducións audiovisuais. Así mesmo, acompáñanse as produtoras no seu percorrido exterior mediante outras dúas liñas de axudas, convocadas ao igual que no caso anterior pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Dunha banda, as destinadas a cofinanciar as campañas promocionais dos filmes galegos en festivais e mostras nacionais e internacionais de prestixio e que aínda se atopan en período de solicitudes (ata o 15 de novembro). Doutra, as subvencións para a asistencia a mercados e foros de contidos audiovisuais, das que proximamente se publicará a súa terceira e última quenda de adxudicacións.
R., 2019-11-11
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.